GALEGO. SOLICITUDE DE RECTIFICACIÓN
O STEG solicita unha rectificación
pública, acerca das súas declaracións sobre o galego,
do Director Xeral de Ordenación e Innovación educativa
na mesa sectorial do 18-12-09
Á/A ILMO. SR. JOSÉ
LUIS MIRA LEMA
DIRECTOR XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA
ASUNTO:
Solicitude de rectificación das declaración sobre o galego
da derradeira mesa sectorial sobre o galego.
EXPÓN:
Para o STEG o acontecido na mesa sectorial do venres día 18 decembro
de 2009 é un claro exemplo de discriminación, cando non
de desprezo, da nosa lingua. Sabendo que unha amplísima maioría
do profesorado conta coa acreditación do CELGA 4, este requisito
non dificultaría as solicitudes dos cursos e licenzas das ordes.
Porén, ten a virtude de lembrarnos que, aínda hoxe en
día, o coñecemento do galego por parte do profesorado
é moi inferior ao dominio do castelán como consecuencia
da escolarización franquista. E, despois de 30 anos de normalización
lingüística, semella que o mínimo que pode facer
a administración é valorar a todas aquelas persoas que
se esforzaron e se esforzan, no coñecemento da nosa lingua.
Curiosamente na Orde de actividades de formación de linguas estranxeiras
valórase como mérito calquera curso de calquera lingua
agás o galego
SOLICITA:
unha rectificación pública do Director xeral de Ordenación
e Innovación Educativa e que se inclúa a petición
que contou co apoio da maioría sindical da mesa sectorial
En Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2009
Asdo.: Xosé Cabido Pérez
en nome do SECRETARIADO NACIONAL DO STEG
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Documento
en pdf para imprimir
Secretariado Nacional do STEG
Novembro 2009
|