CENTROS - GASTOS XERAIS DE FUNCIONAMENTO
A Xunta demora o pagamento da 1ª partida
dos "Gastos xerais de funcionamento dos centros"
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
da Xunta de Galicia está a demorar o pagamento da primeira partida
orzamentaria dos “Gastos xerais de funcionamento do centro”
que polo de agora adoitábase pagar no mes de febreiro.
No concepto “Gastos xerais de funcionamento do centro”,
cómpre salientar, están recollidos gastos correntes de
funcionamento do centro, como as partidas orzamentarias dedicadas á
calefacción, ao pagamento das facturas de teléfono e de
correos, as obras menores e, tamén, as partidas destinadas aos
departamentos didácticos, imprescindibles para o seu bo funcionamento.
Este concepto orzamentario, ademais, adoitábase fraccionar en
tres partidas: dúas do 40% do total cada unha e unha terceira
do 20% do total, polo que só os centros cunha grande capacidade
de aforro e previsión poden ter a estas alturas de curso un remanente
co que facer agora mesmo (no mes de marzo) fronte a eses gastos necesarios
e imprescindibles para o funcionamento do centro, polo que ás
direccións só lles quedan dúas opcións:
primeira, esperar que os proveedores, por exemplo de combustible ou
material de oficina, lles anticipen o material por adiantado; e, segunda,
manter o consumo do centro ao mínimo, reducindo tamén
a calidade do ensino.
Dende o STEG denunciamos esta inadmisible práctica política
que ten como único obxectivos degradar a calidade do ensino público
e instamos á Consellería a que habilite as partidas orzamentarias
necesarias de inmediato.
Documento
en pdf para imprimir
Denuncia
presentada no rexistro da Consellería
Secretariado Nacional do STEG
Marzo 2010
|