|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
| ACORDO AGRUPAMENTOS O STEG segue coa súa campaña de denuncia do incumprimento, por parte da Consellaría de Educación, do Acordo de Agrupamentos FOANPAS (Federación Olívica de ANPAS) ofrécelle ao STEG servir de interlocutores entre as ANPAS de Vigo e as Federacións de ANPAS do Sur de Pontevedra para dar a coñecer a denuncia do sindicato sobre o incumprimento do acordo da Xunta coas centrais sindicais sobre a ratio de alumnado nos agrupamentos de unidades de infantil e primaria.
Este encontro enmárcase na campaña que
o sindicato do ensino está a realizar para informar sobre o incumprimento
por parte da Xunta do acordo subscrito cos sindicatos sobre as ratios
nos agrupamentos de infantil e primaria. Os grupos parlamentares do PSdG e do BNG ofrécenlle ao STEG a súa colaboración para que se cumpra o acordo da Xunta coas centrais sindicais sobre a ratio de alumnado nos agrupamentos de unidades de infantil e primaria Representantes do secretariado nacional do STEG informaron
a Guillerme Meijón (PSdG) e Carme Adán (BNG) en distintas
reunións mantidas hoxe, dia 21 de xullo, no Parlamento que, de
facerse efectiva a conxelación do acordo anunciada por Educación,
deixaríanse de crear as 104 novas unidades previstas no 2º
ano de aplicación do acordo e moitas funcionarían con
ratios de alumnado por riba da media.
A FEGAMP ofrécelle ao STEG a súa mediación para que se cumpra o acordo da Xunta coas centrais sindicais sobre a ratio de alumnado nos agrupamentos de unidades de infantil e primaria Representantes do secretariado nacional do STEG informaron a Carlos Fernández que, de facerse efectiva a conxelación do acordo anunciada por Educación, deixaríanse de crear as 104 novas unidades previstas no 2º ano de aplicación do acordo e moitas funcionarían con ratios de alumnado por riba da media
Exemplos de centros onde se cumpriu
o acordo o curso pasado:
O tempo é un factor importante, segundo apuntaron
os representantes do STEG, xa que este mesmo mes se está a comunicar
a cobertura de prazas vacantes para o vindeiro curso.
A Consellaría recorta dereitos ao alumnado do rural ao incumprir o acordo sobre as ratios nos agrupamentos de unidades de Infantil e Primaria Déixanse de crear máis de 100 postos de traballo tal e como comprometía o acordo. Máis de 100 unidades funcionarán cunha ratio superior á establecida.
Este incumprimento vai provocar a desigualdade entre centros ao rexerse uns por unha ratio e outros (podendo ser do mesmo concello) por outra distinta. Daranse moitos casos nos que, por exemplo, un centro con 19 alumnos/as de infantil teña dúas unidades e o colexio do lado teña que funcionar cunha soa aula e consecuentemente cun profesor ou profesora menos. Unha vez máis o argumento da crise segue a recortar onde máis se precisa investir. Ao peche de comedores e de colexios no rural hai que sumarlle agora esta medida, mentres millóns de euros se están a desviar para o ensino clasista concertado mediante subvencións aos colexios que segregan por sexo, a dotación de ordenadores do plan ABALAR, e con toda seguridade na creación de centros plurilingües. Ante esta situación o STEG inicia hoxe un conxunto de medidas de carácter informativo e mobilizador con obxectivo de que no inicio do vindeiro curso toda a comunidade educativa se manifeste contra esta traizón ao profesorado e ao ensino no rural co que se tiña adquirido un compromiso.
Ata o curso 2008-2009, para agrupar nunha mesma unidade,
e dicir nunha mesma aula, alumnado de distintos cursos ou mesmo de distintos
ciclos, a consellaría viña manexando, con carácter
xeral,os seguintes criterios: A finais de 2009 a Consellaría mandou unha circular
á inspección segundo a cal para o seguinte curso se podería
agrupar en todos os niveles ata un máximo de 20 alumnos por aula. A unánime oposición sindical a esta medida conseguiu que a consellaría retirase a circular e se abriran negociacións para estipular as ratios no caso de agrupamentos de distintos niveis. Como froito desas negociacións, o STEG, CCOO,
UXT e ANPE acadamos un histórico acordo coa administración
que se resume nos seguintes criterios: Este acordo sen ningunha dúbida é o mellor que se ten asinado en todo o estado en canto a ratios. Aparte de evitar o peche de máis de 300 unidades significaba a creación de máis de 160 novas unidades. Subliñar por exemplo que no ensino infantil o alumnado máximo por unidade (aula) baixaba de 20 a 14 ou 12 segundo o caso. As supresión de unidades xa estaba paralizada e para a creación das novas, o acordo contemplaba un 50% no curso 2009-2010 e o 50% restante no curso 2010-2011. Segundo os nosos datos, para este curso queda pendente
a creación de 104 novas unidades repartidas por provincias como
segue:
Secretariado Nacional do STEG
|