|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
ASINADO ACORDO HISTÓRICO SOBRE AGRUPAMENTOS. Estamos ante o mellor acordo asinado para a escola rural de Galiza e, sen dúbida, o mellor acordo do Estado nesta materia. O STEG felicítase por ter acadado un acordo que supón que a partires de agora vai haber uns criterios claros e homoxéneos para todos os centros de Galiza á hora de facer o agrupamento de alumnado de distintos cursos ou ciclos. O asinado supón, no rural galego, a non supresión de máis de 150 unidades e a creación de 152 novas, a gran maioría de Educación Infantil. Para o vindeiro curso estará funcionado xa o 50% de ditas unidades e o 50% restante farao ao inicio do curso 2010-2011. No documento asinado tamén se recollen outras
cuestións que supoñen importantes avances: Por todo o dito, entendemos que o acordo supón un gran avance para ensino rural e en conxunto para toda a escola pública galega, que é, e seguirá sendo o único criterio empregado polo STEG á hora de asinar ou non acordos. Secretariado Nacional do STEG |