|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
AGRUPAMENTO DE CURSOS E CICLOS Na mesa celebrada hoxe, venres 29 de maio, conseguimos que a consellaría paralizara a aplicación da circular pola que se establecían uns novos criterios para os agrupamentos de cursos e de ciclos. O martes 9 de xuño, celebrarase unha Mesa Sectorial na que se negociaran os criterios que rexerán para o agrupamento de alumnado de distintos cursos ou excepcionalmente de distintos ciclos. Quedan suspendidas todas as mobilizacións previstas. Para o STEG, os criterios que saian da negociación, teñen que mellorar os que se viñan aplicando desde o ano 2003. De non ser así seguiremos mobilizándonos polo mantemento da calidade do ensino e das condicións sociolaborais do profesorado.
Secretariado Nacional do STEG Galiza 29 de maio de 2009 |