Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio << STEG Opina

As organizacións sindicais integrantes da Mesa Sectorial de Ensino non universitario, abandonan a Mesa Sectorial até que a Consellaría retire a circular sobre agrupamentos de cursos e ciclos en Infantil e Primaria enviada á inspección

Hoxe, martes día 26 de maio, ao inicio da Mesa Sectorial de Ensino non universitario, as organizacións sindicais con representación nesta Mesa Sectorial reclamaron que se tratase con carácter previo a retirada da circular sobre agrupamentos remitida á Inspección desde a Dirección Xeral de Centros de Recursos Humanos.

Neste previo as OOSS sinalaron a gravidade das instrucións remitidas á inspección e as súas posíbeis consecuencias en supresión de unidades e postos de traballo. Por este motivo reclamamos unanimemente da Consellaría:

  1. A retirada da circular.
  2. A negocación dos criterios a aplicar partindo das instrucións do ano 2003, que deberán ser melloradas.

A Consellaría non se moveu da súa posición e as Organizacións sindicais abandonaron a Mesa Sectorial anunciando que se mobilizarán.

Nunha reunión posterior as Oganizacións sindicais acordamos:

  1. Emprazar o Conselleiro de Educación para que asuma a retirada da circular e a posterior negociación.
  2. Emitir resolucións das Xuntas de Persoal das catro provincias.
  3. Levar a cabo unha concentración de delegados e delegadas do Ensino Público o mércores día 3 de xuño, ás 12 da mañá diante de San Caetano.

 

 

Santiago, 26 de maio de 2009

 

 

 

CIG                 CCOO                        UGT                ANPE              STEG