|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
ENQUISA GALEGO Suxestións e posibles iniciativas. Desde o STEG queremos animarvos a que desde as direccións dos centros, os ENDL, e o conxunto do profesorado e da comunidade educativa, sexamos quen de promover iniciativas encamiñadas a ofrecer unha información rigorosa sobre a enquisa que a Consellaría de Educación vai facer a nais e pais sobre o emprego da lingua no ensino. Entendemos que a campaña mediática realizada, ofrecendo unha visión distorsionada da auténtica realidade que vivímos nos centros, así como o propio deseño e aplicación da enquisa, teñen por obxectivo obter un respaldo social que xustifique as conseguintes medidas involutivas a respecto do galego no ensino. Xa que logo, para o STEG, esta enquisa nace deslexitimada no fondo e na forma, polo que os derivados dela tamén o serán.. 1. Asumir desde os centros a impresión e o envío ás familias do díptico "As linguas suman", realizado pola Coordenadora Galega de EDNL. 2. Promover e realizar sempre que sexa posible charlas informativas entre nais e pais a respecto da xestación e redacción da enquisa, así como da realidade vivida no vosos centro no tocante ao ensino en galego. Neste sentido, o STEG elaborou tamén unhas "Reflexións sobre a presenza do galego no ensino" 3. Divulgar e realizar entre o alumnado, igualmente, debates sobre o tema, co obxectivo de promover valores democráticos en torno á reflexión honesta sobre a toma de decisións que afectan ao conxunto da sociedade. 4. Consideramos, ademais que se lle debe dar a máxima difusión posible a todas aquelas valoracións que dean luz sobre o tema que está a ser obxecto de demagoxia e oportunismo político. Neste sentido, o documento conxunto realizado por varias organizacións, entre elas o STEG, e enviada aos centros por Nova Escola Galega, representa unha resposta democrática a un intento claro de manipulación da opinión pública.
Outros documentos relacionados: CGEDNL: díptico " As linguas suman" - carta de presentación díptico Secretariado Nacional do STEG Galiza xuño de 2009 |