|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
O STEG valora positivamente o incremento de cadros de persoal docente ao mesmo tempo que denuncia que non vaia acompañada dun proceso de estabilidade. Con esta oferta ponse en perigo o traballo de profesorado con máis de 10 anos de antigüidade ao ofertar, nalgunhas especialidades, praticamente o mesmo número de prazas que de docentes interinos. O primeiro que debemos salientar é o noso rexeitamento a que se nos presente un documento desta importancia sen poder valoralo previamente. Valoramos positivamente que se presente máis cedo que outros anos e que se permita facer achegas na Mesa Sectorial do vindeiro luns 25. Tamén agardamos que non sexa un mero trámite de carácter formal e que na práctica o documento estea pechado e non sufra variacións. Para o STEG a cantidade de 2008 prazas é enganosa
na medida en que non supón na realidade un aumento de postos
de traballo ao ser a maioría prazas cubertas con profesorado
interino. Isto vai a perda do posto de traballo de persoas con 10
ou máis anos de servizo para a administración, co que
estamos a falar de substitución de traballadoras e traballadores
mais que de creación de emprego. Seguimos a demandar a necesidade dunha OEP acompañada dun proceso de estabilidade que evite a perda de postos de traballo. Ao mesmo tempo que non deixaremos de denunciar este sistema de concurso-oposición que só é un parche transitorio á precariedade laboral, cando non un empeoramento, e que impide o acceso de persoas ben formadas á función pública. Secretariado Nacional do STEG |