Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio << STEG Opina

Inicio de curso
O STEG quere denunciar e rexeitar o aumento dos concertos privados na etapa de infantil e a atribución de funcións propias do funcionariado docente ao persoal de relixión no inicio do curso escolar

O comezo do curso escolar 2007-2008 iníciase con dúas novidades impropias dun goberno progresista : o aumento dos concertos nos tramo de ensino non obrigatorio como é a etapa de infantil. Nesta etapa foise máis alá que os anteriores gobernos conservadores ao converter en concertos o que eran só subvencións. Desde o STEG seguimos a denunciar o desvío de fondos públicos para as empresas de educación privadas ao supor unha diminución dos investimentos na Escola Pública Galega coa conseguinte merma na calidade do ensino.

Ademais este é o primeiro curso no cal o Persoal Laboral de Relixión convértese en persoal fixo e esta Consellería os habilitou para realizar funcións propias do funcionariado docente. Isto vai a provocar que poida haber alumnado que non curse relixión e teña, por exemplo, como dinamizador da biblioteca ou do plan de convivencia, ao persoal de relixión. Desde o STEG estamos a traballar nunha campaña para facilitar ás nais e pais á obxección a esta medida que vulnera o dereito á elección dunha educación laica.

Tamén queremos destacar a confusión xerada polo retraso no envío de instrucións da Consellería para a aplicación do novo horario do profesorado. O STEG púxose en contacto coa administración galega para solicitar o envío destas instrucións ademais de facer as súas propias para facilitar o traballo nos centros.
Como todos os anos queremos denunciar o retraso na cobertura de substitucións de educación primaria xa que a día de hoxe no que se inicia o curso escolar hai máis de 400 aulas sen profesor.

Secretariado Nacional do STEG
setembro 2007