Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio << STEG Opina


ESPECIALIDADE DE EP: CONSECUENCIAS

O feito de que por primeira vez se convoquen prazas da especialidade de EP, terá as seguintes consecuencias.

Para o profesorado que supere o concurso-oposición:

- o profesorado que aprobe por unha especialidade distinta de EP, non estará por defecto habilitado para impartir EP. Como consecuencia disto, non poderá obter destino definitivo por Primaria, en todo caso si poderá impartir nun destino provisional esta especialidade.

- isto tamén é valido para as persoas que aprobaron a oposición no 2007

- No futuro haberá un CXT de Primaria independente das especialidades. O profesorado anterior á oposición do 2007 seguirá concursando coma até o de agora.

Para o profesorado interino e substituto:

- o profesorado interino e substituto do corpo de Mestres, que acceda por primeira vez ás listaxes de interinidades despois desta oposición só será chamado pola especialidade pola que se presentou á mesma. O profesorado que está actualmente na lista xeral de EP seguirá estando nesa lista, independentemente da especialidade pola que se presente.


Todo o anterior está en fase de estudio no MEC en comisións técnicas nas que participan todos os territorios do estado. a administración considera que será definitivo.


O STEG mantivo que non se eliminasen dereitos ao profesorado que gozaba deles, en referencia aos presentados (aprobados ou non) no 2007.

Secretariado Nacional do STEG
febreiro 2008