|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
| STEG esixe que se manteña e potencie o valor das escolas oficiais de idiomas STEG, a través de STES-intersindical, reclamará á ministra de Educación que se corrixa de inmediato a depreciación dos ensinos impartidos nas Escolas Oficiais de Idiomas a consecuencia do estabelecido no RD que desenvolve as liñas fixadas na Lei Orgánica de Educación a este respecto. Igualmente, presentarase unha emenda neste sentido ao Consello Escolar do Estado o próximo 20 de maio, cuxo texto acompañamos. A nova ordenación académica das EOI suscitou
xa un descontento unánime que se traduce en distintas campañas
informativas e de protesta impulsadas por alumnado e profesorado en
distintos territorios do Estado. En suma, trátase de reivindicar
que nas Escolas se sigan impartindo os ensinos equivalentes ao nivel
C1 do Marco de Referencia Europeo, como viña facéndose
ata agora, e non ao B2 como estabelece o decreto, o que supón
unha baixada no rango destes ensinos. Esta nova realidade choca de cheo co principio inspirador
da LOE de combinar calidade con equidade, e de favorecer a aprendizaxe
ao longo da vida. De se manter esta normativa o Ministerio tirará pola borda este importantísimo patrimonio e de obrigar á cidadanía a completar a súa formación en idiomas nas academias ou centros privados . E é o propio futuro das Escolas o que queda en entredito –porque é normal que descenda a matriculación se tras superar seis cursos nada menos nin sequera se pode obter unha titulación de nivel avanzado-, ou o valor das titulacións que ata agora servían de mérito académico ao profesorado. Por todo iso, entre as prioridades que o STEG exporá
á ministra de Educación, Mercedes Cabreira, no primeiro
encontro que se manteña con ela, figurará a esixencia
de que a través das EOI se poida acceder ao máximo nivel
de dominio lingüístico contemplado no Marco de Referencia
Europeo. Secretariado Nacional do STEG |