ENTREVISTA DO STEG COA CONSELLEIRA
O
venres, 30 de novembro O STEG foi convocado a unha entrevista coa
conselleira, Laura Sánchez Piñón a que tamén
asistiu o Secretario Xeral, Benito Fernández.
Dividimos a xuntanza en dúas partes, denuncia de problemas
xurdidos neste inicio de curso e temas que consideramos que hai que
negociar.
PROBLEMAS INICIO DE CURSO
-
Catálogos e xornada. Denunciamos
o incumprimento do acordo por parte da Consellaría neste
curso. Hai centros que non poden cubrir as 25 horas de permanencia
semanal. Non se lle deu solución. Neste tema o STEG despois
de denuncialo nas xuntas de persoal e de manter unha entrevista
con Canosa, conseguimos que saían vacantes neses centros
para o ano que vén, máis este ano ninguén lle
deu solución.
Resposta: Este ano é imposible
arranxalo.
-
Especialistas en EI. Expuxemos
a nosa postura que nos levou a non asinar o acordo. Pedimos información
de como pretenden oficializar algo que nós, ademais de antipedagóxico
pensamos que pode ser ilegal tendo en conta a LOE e o RD do currículo
de EI.
Resposta: Introducirano a través
do novo ROC. Estarán atentos a non cometer ningunha ilegalidade.
- Complemento acción titorial. Problema do
profesorado de secundaria que non tendo as 18 horas lectivas, ten
que cubrir o resto obrigatoriamente con gardas (debido á organización
do centro) polo que, aínda querendo, non pode facer dinamizacións.
Resposta: S.X. Solucionarán
o problema. Compromiso de que neses casos cobrarase o complemento.
Pode valerlles a nosa solución. Ver
documento metido en rexistro polo STEG
- Atraso retribucións substitucións. Persoas
substitutas que tardan 2 ou 3 meses en cobrar.
Resposta: Mellorouse moito este ano.
Arranxarán os problemas puntuais.
- Lei da Función Pública. Protocolo
de solicitude e de concesión de permisos, obxectivación
das circunstancias para a concesión, rapidez na tramitación.
Resposta: En breve sairá
unha orde ao respecto xa que hai unha comisión traballando
o tema. Hai algún permiso difícil de aplicar para o
profesorado. Hai que ter en conta os dereitos do alumnado (profesorado
que falta sistematicamente todas as semanas).
Secretariado Nacional do STEG
decembro 2007 |