|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
| Acordo do 30 de abril
sobre a xornada escolar nos meses de xuño e setembro Data: venres 9 de novembro O Secretario Xeral fai unha valoración moi positiva do cumprimento do acordo. A estas alturas só queda por cumprir o punto oitavo (“e estamos en prazo para facelo), referente as condicións para solicitar a xornada única, no resto a administración cumpriu ao 100%, tanto no horario dos centros como no relativo as negociación de catálogos e xornada laboral do profesorado de primaria. As demais organizacións tamén valoran moi positivamente o grao de cumprimento do acordo e coinciden na necesidade de negociar xa unha modificación da orde que regula a xornada única. Botan de menos non dispor de datos concretos dos centros. O STEG na súa intervención manifesta que non estamos de acordo coa valoración tan positiva que fai a Administración e o resto das OOSS, criticando os seguintes aspectos:
O Secretario Xeral, que non comparte a nosa valoración, comprométese a levar á Mesa Sectorial as negociacións para modificar a xornada única durante este 1º trimestre. A administración facilitaranos todos os datos dos horarios dos centros que teña e acórdase que durante este 1º trimestre lle fagamos chegar suxestións para poder, nos casos que sexa posible, mellorar eses horarios de cara ao mes de xuño. O STEG está á disposición de todos
os centros que tiveron algún tipo de problema, para intentar
resolvelo de cara ao mes de xuño. Secretariado Nacional do STEG |