|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
ALEGACIÓNS
DO STEG Á CIRCULAR DO 2007 POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS
PARA UNIFICAR AS ACTUACIÓNS E ESTABLECER AS ACCIÓNS PRIORITARIAS
DOS SERVIZOS DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA E PROFESIONAL DAS ENSINANZAS
ESCOLARES DE GALICIA PARA O CURSO 2007-2008.
En primeiro lugar, parécenos que esta circular de Orientación modifica aspectos esenciais do modelo vixente e polo tanto entendemos que debería convocarse unha reunión da Mesa Sectorial para tratalos e non só aportar alegacións por e-mail. Sendo ademais unha circular que terá vixencia para tres anos, contradicindo o propio encabezado da circular, precisaríamos de vagar para poder debater e explicar o noso desacordo co que aquí se propón. Deberíamos empezar a traballar na modificación do Decreto 120 e a Orde do 24 de xullo do 98 se o que se pretende é redefinir o posto de orientación nos centros educativos, é unha circular non nos parece o formato para algo tan ambicioso. Chama especialmente a atención a aparición da figura de Orientador compartido entre centros, que non se axeita ao modelo de orientación vixente ata o momento. Non nos parece que unha novidade como esa poida derivarse da aprobación duns catálogos de postos de traballo, que tal e como saíron publicados no DOG contradí neste punto á Orde do 24 de xullo. Estas divisións só se refiren ás unidades dos centros sen ter en conta as necesidades reais dun centro, proxectos pedagóxicos en marcha, etc. Isto supón, ademais dun retroceso na implantación dun modelo de orientación interna e por programas, unha modificación do posto de traballo dalgunhas e dalgúns orientadores, incluso con destino definitivo, cunha multiplicación de horario nas horas complementarias non fixas de cómputo mensual, nada desdeñábel. Tamén haberá importantes problemas organizativos nos centros que non conseguiran alternar sesións de avaliación, CCP, Reunións de Departamento, etc. co consabido deterioro da imaxe da orientadora ou orientador que non poderá estar en dous sitios ao mesmo tempo. As liñas prioritarias de actuación para os Departamentos de Orientación recollidas na circular 17 parécennos axeitadas. Non así as dos Equipos de Orientación Específicos. Non entendemos que unha prioridade para estes equipos, escasamente dotados persoal e materialmente, sexa atender a demandas da administración en funcións que non lle son propias. Consideramos ademais, en contra do que se afirma na circular, que non están altamente cualificados, aínda que deberan. Moi interesante as reseñas lexislativas e de internet que todas as persoas profesionais da orientación xa coñecen de sobra, entendemos que isto se envía para todas esas orientadoras provisionais de primaria que nin sequera teñen a titulación axeitada, outro dos temas que habería que tratar seriamente nunha mesa sectorial. Un apunte máis: Non entendemos por que se
fala de primeira e segunda etapa da educación secundaria. Secretariado Nacional do STEG |