Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << STEG Opina


Seguimos coa sangría da perda de poder adquisitivo
A suba total das nosas retribucións do ano 2006 foron dun 2% fronte á suba dos prezos que alcanzou un 2,7%. Como resulta obvio seguimos a perder poder adquisitivo. Desde o ano 1990 a perda acumulada é do 18%.

Para o curso 2007 haberá unha suba do 2% ademais do incremento de 45 euros na nómina de xaneiro motivada polo Acordo que o STEG asinou nas negociacións sobre retribucións en Galiza no pasado curso. Esta suba supón unha pequena recuperación fronte á perda de poder adquisitivo que viña acontecendo nos últimos anos, máis aínda é insuficiente polo que non deixaremos de reclamar unha cláusula de revisión salarial que evite a diminución do noso soldo dos últimos anos (case un 20% ).

Non debemos esquecer que o Acordo que asinamos o curso pasado situaba ao profesorado galego no lugar que lle corresponde no conxunto do Estado Español, xa que naquel momento e “grazas” a aquel miserento acordo do 2003 asinado polas centrais estatais situámonos na derradeira posición do conxunto do Estado. Ademáis este Acordo, obriga á Administración a abrir negociacións sobre retribucións no caso de que os incrementos noutras comunidades volvan a deixar ao Profesorado Galego nun lugar secundario.

A partires do 2008 comezará o cobro por “titorías”, ao que nun primeiro momento o STEG se opuxo sendo coherente coa liña contraria á estratificación salarial. Deixamos clara, nas negociacións coa Administración, a nosa postura de que non asinariamos un complemento no que se contemplase unha nova estratificación salarial. Só cando se confirma por parte da Consellería que a suba sería para todo o profesorado, e despois de confirmar prazos e cantidade total, o STEG decide asinar.

Queremos destacar que esta mellora foi froito da forza das traballadoras e traballadores do ensino e da presión de TODAS as centrais sindicais, a pesares de que, coma sempre, cada organización se atribúa en solitario a consecución do Acordo. Foi un exemplo de como a unión dos esforzos facilita a consecución das demandas do profesorado, polo que non debemos esquecer esta experiencia para outras cuestión que melloren a Escola Pública Galega.

A partires de agora o STEG traballará na Comisión de Seguimento do Acordo para que o seu desenvolvemento sexa o que mellora es condicións do profesorado e con elo as do Ensino Público Galego. Ademais non descansaremos ata conseguir a Cláusula de Revisión Salarial que impida a rebaixa indirecta das nosa retribucións.

Secratariado Nacional do STEG
setembro 2006