Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << STEG Opina

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN RETRASA O PAGO AO PROFESORADO ATA TRES MESES

O sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza considera inasúmibel que as Delegacións provinciais educativas demoren o pago das nóminas do profesorado ata tres meses a unha importante porcentaxe do profesorado. Segundo as nosas estimacións só na provincia da Coruña máis de cen profesoras e profesores acumulan retrasos no seu soldo de ata tres meses. Este retrasos están a estenderse as outras delegacións polo que o número do profesorado afectado por este mal funcionamento é bastante superior. Ademais dos retrasos na nómina debemos salientar os numerosos retrasos en conceptos como trienios, complementos,etc.

A resposta dada pola administración a esta irregular situación sempre é a mesma : problemas burocráticos. Entre eses problemas destaca como máis habitual o cambio de provincia de traballo que fai que a traballadora ou traballador pase a depender doutra delegación.

Desde o STEG queremos, ademais de denunciar, esixir a subsanación inmediata desta grave irregularidade. Non podemos permitir que as traballadoras e traballadores despois de ter cumprida a súa función non perciban as retribucións correspondentes. Ademais hai que ter en conta que o exercicio das súas funcións implican un desenvolvemento de gastos de transporte, vivenda, manutención, etc, para ao que precisan o seu lexítimo salario.

O STEG considera que os medios tecnolóxicos actuais fan inadmisíbel a demora no pago das retribucións que na maioría dos casos afecta ao colectivo do profesorado que xa padece unha maior precariedade no desenvolvemento da súa función : o colectivo de interinos/as e substitutos/as.

Esixiremos unha resposta por escrito da Conselleira de Educación que dea conta do que está a suceder e se comprometa a buscar unha solución que impida a reiteración desta irregular situación

Secratariado Nacional do STEG
setembro 2006