| ACLARACIÓNS SOBRE COBRO
DE TRIENIOS
Con data 19 decembro os medios de comunicación
fanse eco dun comunicado do STEG no que se informa da aprobación
do pago de trienios ao profesorado interino.
A este comunicado responde CCOO afirmando que o STEG se quere apropiar
de conseguir esta mellora cando eles chegaron a un acordo co MEC para
o pago ao profesorado interino. Alegrámonos de que CCOO asine
un acordo que mellore as condicións sociolaboral do profesorado
interino tal e como o STEG ben reclamando desde hai anos. Nós
sempre saudaremos calquera mellora que afecte ao profesorado veña
de quen veña.
Agora ben, temos que aclarar A TRAMPA INFORMATIVA
de CCOO:
O acordo que asinan non é máis que a ratificación
dun acordo parlamentario do Congreso dos Deputados do Estado. A reunión
da Mesa Xeral da que fala CCOO é posterior á modificación
en Cortes do Proxecto de Estatuto Básico do Empregado Público.
Dificilmente o Congreso de Deputados pode recoller un acordo que aínda
non existía cando tomou a decisión de aprobar as emendas
sobre o cobro de trienios para o persoal interino e a xubilación
parcial.
Queda claro que CCOO e o MAP non fixeron outra cousa
que ratificar un acordo xa conseguido polas forzas parlamentarias. O
STEG e a Confederación de STES tíñanse reunido
cos grupos parlamentarios para solicitarlles a presentación da
emenda.
Para confirmar o que nós dicimos podedes consultar o Boletín
Oficial das Cortes de 13 de decembro. Pode verse na páxina: http://www.congreso.es/public_oficiales/L8/CONG/BOCG/A/A_094-11.PDF).
Nela vén o Informe do Relatorio elevado á Comisión
de Administracións Públicas do Congreso dos Deputados.
Como Anexo a dito informe pode lerse o Proxecto de Lei do Estatuto Básico
do Empregado Público modificado coas emendas aprobadas ata o
día 12 nesta Comisión Parlamentaria durante o trámite.
En mala posición queda un sindicato que si asinou, o 13 de xuño
pasado e ante o Presidente do Goberno, un acordo de proxecto de Estatuto
Básico do Empregado Público que tivo que verse mellorado,
para o persoal empregado público, en sé parlamentaria.
Chegar a acordos, como este do 13 de decembro, con contidos xa publicados
en diarios oficiais, di moi pouco do seu perfil como organización
con iniciativa e reivindicativa e moito do seu perfil como organización
que firma o xa asumido polo poder político.
Non negaremos que o STEG e os sindicatos confederados de STEs-Intersindical
non eran as únicas organizacións que apoiaban estas melloras.
De feito as peticións e reunións cos grupos parlamentarios,
para lograr unha maior posición de forza, realizáronse
de forma unitaria con outras organizacións coas que coincidimos,
na crítica ao Proxecto de Estatuto, como son ELA ou CIG, ás
que nomeamos no noso comunicado de prensa.
Secratariado Nacional do STEG
decembro 2006 |