Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << STEG Opina

STEs-i, presenta ante o supremo recurso contra materia de Relixión

Os STES, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa (LJCA), interpuxemos recurso contencioso-administrativo contra os Reais Decretos 1513/2006, de 7 de decembro; 1630/2006, de 29 de decembro, e 1631/2006 de 29 de decembro, en relación coa disposición adicional primeira do Real Decreto 1513/2006, de 7 de decembro, a disposición adicional única do Real Decreto 1630/2006, de 29 de decembro, e a disposición adicional segunda do Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro , que regulan os ensinos da relixión en desenvolvemento da Disposición adicional segunda da LOE.

O recurso-contencioso presentámolo por considerar que o ensino das relixións tal e como aparecen reguladas na LOE dentro do curriculum escolar non está conforme cos preceptos constitucionais e con diversas sentenzas do os Tribunais Supremo e Constitucional.

Desde o noso punto de vista hai unha anticonstitucionalidade tripla:

  1. nos RRDD, que concretan o ensino das relixións.
  2. na LOE –no concernente á Disposición Adicional Segunda- que desenvolven estes decretos, e
  3. no Acordo do Estado Español coa Santa Sede sobre Educación e Asuntos Culturais (de 3 de xaneiro de 1979), no que se basea o ensino da relixión católica.

Entendemos que o “principio de laicidade” está recollido no apartado 3º do artigo 16 da Constitución Española (CE), cando afirma que “ningunha confesión terá carácter estatal” e que este principio está consolidado e firme na sentenza de 15 de febreiro de 2001 do Tribunal Constitucional (TC) que define este principio dentro da necesaria “neutralidade” que obriga ao Estado, e da “separación” entre o Estado e as conviccións ou crenzas da cidadanía e das propias organizacións confesionais.

O art. 27.3 da Constitución reflicte “o dereito que asiches aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións”, dereita que deben garantir os poderes públicos.

Sobre este artigo hai que dicir, en primeiro lugar, que non se debe confundir “formación” con “ensino”, pois non son termos iguais.

En segundo lugar, deste dereito constitucional non se pode derivar a existencia dunha materia –co mesmo rango que outras- dentro do sistema educativo.

En terceiro lugar, non é un dereito dos pais sobre os seus fillos e sobre a súa conciencia, como se eles fosen os donos desa conciencia. A liberdade de conciencia só pode ser exercida por cada persoa individualmente, de tal maneira que as limitacións á capacidade de obrar dos menores non facultan aos pais para substituír o exercicio desa liberdade de conciencia, de tal forma que os pais, deben protexer o exercicio desta liberdade polos seus fillos e fillas, de acordo co seu grao de madurez… Isto está recollido en diverso artigos da Lei de protección xurídica dos Dereitos do menor e na propia Convención sobre os dereitos do Neno.

E en cuarto lugar, que o único que podería garantir este artigo é que o dereito dos pais a que os seus fillos reciban formación relixiosa, pódese satisfacer no marco da escola; dedución que se pode facer dada a situación deste dereito no punto 3º do art. 27.3. O Estado pode pór os medios materiais, locais…, pero nada máis.


Hai que sinalar que na “Disposición adicional segunda. Ensino da relixión” da LOE, dise que:
“1. O ensino da relixión católica axustarase ao estabelecido no Acordo sobre Ensino e Asuntos Culturais subscrito entre a Santa Sede e o Estado español.”, de tal forma que o disposto en dito Acordo se converte no instrumento xurídico que regula o ensino da relixión no sistema escolar español.

Este Acordo estabelece no seu Preámbulo a consideración do labor educativo como unha “misión” da igrexa. Pero esta “misión” está fortemente limitada polos principios constitucionais reflectidos nos artigos 14 (igualdade ante a lei e non discriminación por razón de … relixión…) e 16 (“2. Ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenza”; “3.Ningunha confesión terá carácter estatal”).

Este Acordo “equipase” a relixión coas demais materias, cando se indica que se impartirá “en condicións equiparábeis ás demais disciplinas fundamentais”. Isto debería dar pé a que, dado que non é así, a xerarquía eclesiástica denunciase o Acordo por incumprimento flagrante por parte do Goberno deste Acordo, pero non será así…

En Ed. Infantil e en Ed. Primario o ensino da relixión non contempla alternativa, os decretos recorridos sinalan unicamente que o alumnado que non opte pola relixión reciba a “debida atención educativa”, sen que esta atención poida comportar aprendizaxe de contidos curriculares…

En Ed. Secundaria, sinálase tamén que quen non opte polo ensino da relixión recibirá a debida atención educativa, E quen opte pola relixión o poderá facer en dúas opcións: a relixión confesional ou a historia e cultura das relixións.

O Tribunal Supremo rexeitou reiteradamente a presentación de que se poida dar unha formación distinta a un alumnado e a outro, pois parte de que “Todos teñen o dereito á educación” (art. 27.1 da CE), e que este dereito vén determinado por “A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais”, que se sinala no art. 27.2.

Isto deixa moi claro que o ensino da relixión confesional non só non pode entrar en contradición co 27.2, senón que ten que respectalo, pois este artigo obriga a todos.

Tendo en conta estes dous puntos do art. 27, consideramos que a LOE, na súa disposición adicional segunda, contradí a Constitución, dado que:

  • O Estado non pode deixar de proporcionar a todo o alumnado a formación constitucionalmente requirida para o pleno desenvolvemento da personalidade humana… Por isto afirmamos que o Estado non pode deixar parte desa formación integral en mans de entidades confesionais, pois non poden facelo desde unha perspectiva de neutralidade, que é inherente ao Estado. A relixión católica –e as demais- é inevitablemente dogmática, pois parte de ser a relixión verdadeira, polo que ten unha tendencia –que se autoimpón- ao proselitismo e para a exclusión –aínda que sexa respectuosa- de quen non abracen esta relixión.
  • Os valores relixiosos non son valores cívicos universais nin comúns a toda a cidadanía; son valores parciais que miran e analizan a realidade desde a parcialidade que lle dá unha determinada relixión, polo que non cumpren o obxectivo constitucional do pleno desenvolvemento da personalidade…; miran a realidade desde unha óptica propia, unilateral e, o que é peor, dogmática.
  • O modelo que estabelece a LOE marca unha renuncia da responsabilidade de educar por parte do Estado para as confesións relixiosas; prodúcese unha suplantación do Estado por confesións relixiosas, o que leva a que se confundan as fins educativas públicas coas fins relixiosas privadas de cada confesión. Isto foi rexeitado por sentenzas do Tribunal Supremo, nas que se “veda calquera tipo de confusión entre funcións relixiosas e funcións estatais”, que se di na sentenza 24 do TC, de 13 de maio de 1982.
  • Por outro lado, cabe sinalar que o Estado non mantén a neutralidade que lle mandata a aconfesionalidade constitucional, pois o deixar parte da formación integral do alumnado en mans de confesións relixiosas implica unha valoración positiva das mesmas, o que vai contra a neutralidade que consagraron –valla a expresión- os tribunais Supremo e Constitucional.
  • Tamén debemos remarcar a ilexítima discriminación en canto á formación que o Estado permite con estes reais decretos, dado que se a formación relixiosa non confesional é útil para a formación integral do alumnado de secundaria, ¿por que se lle nega esta formación ao alumnado que escolle formación relixiosa confesional e ao que opta por ser “debidamente atendido”?
    Isto implica unha clara lesión do dereito de igualdade e de non discriminación do alumnado que xa rexeitou o Tribunal Supremo.
  • Tamén podemos dicir, doutra forma, que o dereito duns –a formación en relixión confesional- implica a formación doutros en relixión non confesional ou en estar debidamente atendidos no centros, recibindo algún tipo de formación ou reforzo académico, pois non é de recibo que se diga que na Ed. Secundaria, de 12 a 16 anos, vaise estar no Centro en hora lectiva sen facer nada. Os desexos duns implican obrigas para outros.
  • A opcionalidade do ensino da relixión coa elección de relixión ou non por parte dos pais en nome das súas fillas e fillos, e dun tipo de relixión en Secundaria, non respecta o dereito a gardar silencio sobre as propias crenzas ou conviccións que contempla o art. 16.2 da CE. É evidente que a realización da opción revela en todo caso unha actitude de fondo ancorada nas propias conviccións: favorábel, desfavorábel ou mesmo indiferente ante a relixión.

Isto é unha síntese dun razoamento moito máis amplo e fundamentado que expomos ante o Tribunal Supremo e que nos leva a considerar que o ensino da relixión que contemplan estes RRDD en desenvolvemento da LOE, que á súa vez nos remite aos Acordos coa Santa Sede, son anticonstitucionais, como é anticonstitucional a disposición adicional segunda da LOE e os propios Acordos do Estado coa Santa Sede. É o que imos tentar que os tribunais recoñezan, para que se permita que o principio de laicidade impregne o sistema educativo.

DECRETOS RECORRIDOS

O día 8 de decembro do ano 2006 publicouse no Boletín Oficial do Estado número 293 o Real Decreto 1513/2006, de 7 de decembro, polo que se estabelecen os ensinos mínimos correspondentes á Educación Primaria.
O día 4 de xaneiro do ano en curso publicouse no Boletín Oficial do Estado número 4 do Real Decreto 1630/2006, de 29 de decembro, polo que se estabelecen os ensinos mínimos do segundo ciclo de Educación Infantil .
O día 5 de xaneiro do ano en curso publicouse no Boletín Oficial do Estado número 5 o Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, polo que se estabelecen os ensinos mínimos correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria .

Augusto Serrano
Membro do Secretariado da Confederación de STES-intersindical
febreiro 2007