Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << STEG Opina

PLAN INTEGRAL PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA ESCOLAR EN GALICIA

O STEG asinou o 30 de xaneiro o Acordo Interinstitucional para a posta en marcha do Plan Integral para a Mellora da Convivencia Escolar en Galicia.

Valoramos positivamente este acordo porque consideramos que a convivencia escolar, a educación en valores democráticos de cidadanía e respeto da diversidade serán un dos principias retos da educación neste século, e por iso que nos sumamos a todas as institucións e organizacións educativas e sociais que asinan este acordo.

Pensamos que a proposta e redacción do Plan Integral para a Mellora da Convivencia Escolar en Galicia, debera ter sido máis participada polos representantes da Comunidade Educativa - representantes do profesorado, representantes de anpas e representantes de estudantes-; así como polos movementos de renovación pedagóxica e polas organizacións sociais e institucións que participaremos no desenvolvemento do Plan Integral de Convivencia.

Esperamos que unha vez recibido o amparo institucional, que se escenificou coa sinatura do Acordo Interinstitucional, se dote convenientemente aos centros educativos de recursos humanos e materiais, formación e tempos, para dinamizar e desenvolver con éxito as estratexias e accións incluídas no Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar.


Secratariado Nacional do STEG
febreiro 2007