|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| Ordenadores si, mais non así
As cifras son abraiantes e ben certo que seguramente necesarias para conseguir que as novas tecnoloxías se convertan nunha ferramenta indispensábel no proceso de aprendizaxe. Valoramos positivamente os investimentos feitos en material tecnolóxico, máis , outra vez, tal e como pasou cos libros de texto, parécenos máis ben unha medida onde importa máis o publicitario que facer as cousas racionalmente e con obxectivos pedagóxicos. PENSEMOS UN POUCO: ¿Quen fai o seguimento e distribución deste material unha vez que chegue aos centros? ¿Quen fará o mantemento informático? ¿Quen determina as características técnicas destes equipos, que parece ser son as mesmas para os 1800 centros de Galiza? ¿Onde está a oferta necesaria para formar a todo o profesorado que se necesitará para poñer en marcha e posteriormente rendabilizar o uso dos equipos? ¿A que prezo se compran estes equipos informáticos? ¿Non deberían as empresas adxudicatarias reinvestir parte das súas ganancias na mellora da educación publica galega? ¿Ata cando teremos que seguir pagando os equipamentos dos centros concertados? Desde o STEG pedimos un uso responsábel destes cartos e deste material, para o que se fai imprescindíbel un estudo previo das necesidades docentes, e así facer unha entrega, do equipamento informático verdadeiramente necesario, tanto en cantidade coma en calidade, que sirva para cumprir os obxectivos reais do noso sistema educativo. Secratariado Nacional do STEG |