Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio << STEG Opina

O STEG denuncia que a administración educativa impide a centos de profesoras e profesores de ensino non universitario podan seguir presentándose ao concurso-oposición que se está celebrar este mes en Galiza.

A proba B1 deste concurso-oposición contempla a realización e entrega dunha programación didáctica cunhas características formais que, cando non son cumpridas, é rexeitada.
Estámonos atopándonos con dous problemas:

1. O que se consideran defectos de forma varia duns tribunais a outros. Despois de falar coa Consellería insítesenos en que os tribunais son soberanos para a toma de decisións a este respecto mentres que moitos tribunais ampáranse en supostas directrices da Consellería.

2. Qué implicacións ten para quen oposita o feito de que a sua programación sexa rexeitada por defectos de forma : a exclusión do proceso opositor ao cualificar os defectos de forma como non presentados ou excluídos.

Desde o STEG entendemos que a exclusión só podería ser por no ter presentada a programción e no por unha realización incorrecta de calquera dos exercicios. Neste último caso merecería unha nota e poder continuar co proceso, xa que ningunha das probas é considerada eliminatoria.

Esta situación está a provocar unha gran confusión entre o profesorado interino ao entender que a exclusión supuña decaer dos seus dereitos nas listas coa conseguinte perda do posto de traballo.
Tamén vense afectadas/os as e os aspirantes libres ao pensar que esta situación lles impide acceder ás listas para posíbeis substitucións.

Segundo nos informou a consellaría a exclusión non impidirá que o profesorado poida seguir nas listas ou acceder a elas xa que todas as persoas que se presentaron contrarán con unha nota final.

Ademais, cónstanos que tribunais están a publicar as notas do primeiro exame cando a Orde contempla claramente que só deben dar unha nota ao final de todo o proceso.

O STEG DEMANDA DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA UNHA RÁPIDA ACTUACIÓN PARA QUE OS TRIBUNAIS AFECTADOS POR ESTA ANÓMALA SITUACIÓN RECTIFIQUEN AS CUALIFICACIÓN DE TODAS AS PROGRAMACIÓNS CON DEFECTOS DE FORMA PARA PERMITIR AO PROFESORADO CONTINUAR ATA O FINAL NO PROCESO E QUE O MANTEMENTO NAS LISTAS OU OS NOVOS ACCESOS A ELA SEXAN AUTOMÁTICOS AO PRESENTARSE AO PROCESO TAL E COMO ESTÁ REGULAMENTADO. ESIXIMOS TAMÉN UN CHAMAMENTO Á RACIONALIDADE POR PARTE DOS TRIBUNAIS NA APLICACIÓN DUNS CRITERIOS QUE EN NINGÚN MOMENTO ESTÁN CONCEBIDOS COMO CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PROFESORADO.

Desde o STEG o venres 29 , cando fomos coñecedores desta situación, intentamos poñernos en contacto cos responsábeis de educación sendonos imposíbel ata hoxe pola mañán . O 2 de xullo presentamos un escrito na consellería de educación coas nosas demandas para que subsanen este grave erro que pode levar a impugnar as oposicións ( posibilidade que xa adiantaron varias persoas afectadas).

Secretariado Nacional do STEG
xullo 2007