|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| O STEG MANIFESTA A SÚA PREOCUPACIÓN EN RELACIÓN A QUE ESTA OEP GARANTA A ESTABILIDADE Ante a Oferta de Emprego Público presentada pola Consellaría de Educación, o STEG quere manifestar que non lle parece axeitado o procedemento seguido ante o primeiro proceso selectivo do período transitorio. Co seu suposto talante dialogante, esta Consellería convoca unha mesa sectorial só para informar ás Organizacións Sindicais da OEP, sen posibilidade de negociar nin consensuar o número de prazas por especialidade. Temos que valorar positivamente o aumento dos cadros de persoal fixos xa que isto redundará na redución da precariedade laboral e na calidade do ensino. Pero entendemos que o proceso de ampliación destes cadros, debe facerse de maneira gradual. Sacar unha oferta destas características concentrada nunha oposición, pode traer consecuencias negativas, tanto para o profesorado interino como para o libre. Son moitas as casuísticas que se poden dar e que poden prexudicar a unha persoa, que por diversas razóns non chega ao momento de inicio das oposicións nas mellores condicións. Estes motivos, xunto coa segura merma de prazas nos vindeiros anos, fai que se escape unha oportunidade que seguramente non se volverá a repetir. Pola contra, se repartimos toda a oferta en varios procesos selectivos, repartimos tamén as posibilidades de acceso para todo o mundo, sexa profesorado interino ou libre. Por outra banda, temos que criticar que a Consellería se negase a falar de estabilidade, ata ter pasado este primeiro proceso selectivo. Asegurando que este non afectaría ao colectivo de interinos. Porén no estudo da oferta feito polo STEG ponse de manifesto que con esta OEP un número importante de profesorado interino pode non ter traballo o vindeiro curso. Resulta especialmente sangrante o caso das especialidades de FP. E sobre todo do profesorado que está impartindo aulas actualmente e que por mor dos cambios lexislativos non ten a titulación necesaria para presentarse as especialidades que actualmente imparte. Por este motivo, o STEG sigue demandando da Consellería un compromiso escrito de que despois deste primeiro proceso de Acceso transitorio, ningún interino/a quedará sen traballo. Demanda feita tamén por este sindicato ante os grupos parlamentarios nas reunións mantidas recentemente. Xa na entrevista mantida coa Conselleira de Educación
no mes de xaneiro demandamos da Consellería que a oferta
fose planificada e repartida racionalmente nos cinco anos do período
transitorio -como xa mencionamos con anterioridade-, os picos na oferta
como o actual, non benefician nin ao profesorado interino, nin aos opositores
libres nin á calidade do ensino. Secratariado Nacional do STEG |