|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| Valoración sobre
o novo proxecto de Estatuto do Profesorado que o MEC entregou ás
CCAA Diante da publicación pola revista MAXISTERIO do novo borrador do anteproxecto de Estatuto da función Pública Docente que a Subsecretaría do MEC entregou ás CCAA, o STEG, que felicitamos a esta revista polo servizo prestado ao conxunto do profesorado, denunciamos ao MEC -e en concreto ao Sr. Subsecretario- pola ocultación e sectarismo coa que entregou este novo borrador do Estatuto. O STEG denuncia ao mesmo tempo que o MEC búrlase do profesorado con esta publicación xa que se limita a adaptar o anterior borrador, de data 20 de xuño de 2006, ao recentemente publicado Estatuto Básico do Empregado Público. O MEC non introduciu neste novo proxecto ningunha das melloras que, por proposta de STES e outros sindicatos, dixo que ía introducir no novo redactado. Referímonos ao afirmado polo Subsecretario na Mesa Sectorial do pasado día 18 de abril, cando dixo que asumía que o novo texto articulado do Estatuto contemplaría:
Todas estas melloras prometidas polo Sr. Subsecretario na Mesa Sectorial do pasado día 18 de abril, non se contémplan no novo redactado do Estatuto, polo que desde o STEG denunciamos a falta de seriedade da Subsecretaría do MEC e esixímoslle que non se burle do Profesorado: que respecte e cumpra os compromisos que adquiriu na Mesa Sectorial. Ao non ter asumido o MEC estas propostas e outras que presentamos a Confederación de STES, o novo borrador de Estatuto do Profesorado segue sendo unha norma regresiva e xerarquizante, que intenta introducir na función pública docente métodos de xestión de persoal provenientes da empresa privada, polo que rexeitamos este proxecto e pedímoslle ao MEC que se elabore negociadamente un novo que sirva realmente para mellorar as condicións de traballo do conxunto do profesorado, que contemple aspectos tan importantes como o Corpo Único do Profesorado, o aumento do complemento específico xeral –que cobra todo o profesorado- en 250 euros e o pagamento da titoría a todo o Profesorado, a prolongación indefinida do dereito á xubilación aos 60 anos, a concreción e toma de medidas para a mellora da convivencia nos centros educativos, o recoñecemento das enfermidades profesionais do Profesorado, o paso por concurso do Grupo B ao A e á Universidade, a consolidación no seu emprego do profesorado interino… Secretariado Nacional do STEG |