|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| Entrevista do STEG coa Conselleira de educación
No inicio da sesión a Conselleira felicitounos polos nosos resultados electorais así como pola nosa web. Despois de explicar brevemente cal fora a nosa liña de traballo nos últimos catro anos, iniciamos unha exposición dunha hora e media sobre aqueles aspectos que consideramos imprescindíbeis para a mellora da Escola Pública Galega. A cantidade e extensión dos temas a tratar provocou que algúns foran só expostos polo STEG sen recibir resposta por parte da administración. A continuación resumimos cales foron as nosas demandas para a mellora do ensino público galego onde destacamos como máis inmediato o desenvolvemento da LOE no que a currículo e horario se refire, a mellora nas condicións sociolaborais do profesorado con especial atención á estabilidade do profesorado interino, redución do horario de relixión ao mínimo posíbel, avance na galeguización do ensino... 1.-MESA SECTORIAL Antes de comezar coas nosas propostas preguntamos sobre a constitución á Mesa Sectorial. RESPOSTA : despois de constituírse a Mesa Xeral da Función Pública, o que provocará a imposibilidade de asistir durante este curso á Mesa Sectorial. Ante esta situación instamos a que se tivesen en conta as nosas aportacións aos decretos do desenvolvemento da LOE. RESPOSTA : serán tidas en conta. 2.-DESENVOLVEMENTO LOE : horarios e currículos -Demandamos a participación dos representantes sindicais na elaboración de horarios e dos currículos das materias. RESPOSTA : só se nos informará. Os currículos están a ser traballados por expertos/as. -Solicitamos a racionalización dos horarios das materias máis prexudicadas pola LOE para evitar a precarización do traballo do profesorado e a perda do posto de traballo do profesorado interino. Solicitamos que o horario de Relixión se reduza ao mínimo esixido por Lei. Plantexamos a posibilidade que a partir de 2º de ESO a relixión se oferte como alternativa (como se está a facer en Catalunya) co que se subsanaría gran parte do problema horario que a LOE provoca a distintas materias. RESPOSTA : no tocante a relixión cumprirán a legalidade ofertando só o mínimo imposto pola lei. Dubidan de que sexa legal o que se fai en Catalunya, máis prometeron estudalo. - Pedimos que se axilizase o dereito do profesorado ao acceso gratuíto a museos e bibliotecas RESPOSTA : non o tiñan como prioridade máis tomaron nota e faríano. 3.-OPOSICIÓNS E OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 3.1 OPOSICIÓNS Esiximos a organización, control do proceso
e unhas instrucións claras aos presidentes dos tribunais para
evitar os problemas que se deron outros anos como o reparto de prazas
por tribunal para cada día de exame, a criba inxustificábel
no primeiro exame, a diferenza de notas dun tribunal a outro...en definitiva
o que STEG demandou foi que o tribunal se dedique a dar notas e que
sexa a administración quen bareme e adxudique ás prazas.
O único que esiximos é que se respecte a lei vixente e
se faga un verdadeiro concurso oposición e non só oposición
como ata agora. 3.2 OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO (OPE) Preguntamos pola cantidade e prazos da Oferta Pública de Emprego. RESPOSTA : depende do novo RD de acceso, de aprobarse, haberá unha oferta ampla. Defendemos unha racionalización da OPE xa que non nos parece ben que un ano se oferte un número de prazas alto e nas vindeiras convocatorias sexa reducido. Pensando na calidade do ensino público é mellor un reparto equitativo en varios anos ao non ter que aprobar a unha porcentaxe alta dunha licenciatura (tendo que baixar o nivel) e impedindo ou dificultando a posibilidade de acceso para as vindeiras licenciaturas. RESPOSTA: a oferta deste ano non suporá un pico, senón que intentarase manter mentres dure a transitoria. 3.3 OPE E PROFESORADO INTERINO O STEG defende a necesidade da OEP, máis nunca esa oferta debe por en perigo os postos de traballo do profesorado interino. Demandamos que nesa oferta se garanta o traballo de todo este colectivo. RESPOSTA : a oferta no porá en perigo os postos de traballo na medida en que o novo RD facilitará o acceso deste colectivo
Expuxemos a nosa postura en defensa da estabilidade
deste colectivo e en contra da precariedade das súas condicións
de traballo. Demandamos encarecidamente que reciba a plataforma pola
estabilidade para que lle expliquen as intencións da consellaría,
esiximos a apertura de negociacións sobre estabilidade e acelerar
o pago nos trienios. Expuxemos, tamén, a nosa demanda con respecto
ao colectivo do 94. No que a PLATAFORMA se refire, consideran que os representantes sindicais son os interlocutores válidos de calquera colectivo do profesorado. Non poden recibir a todo colectivo que o requira. Poñen como exemplo que podería unha asociación de licenciados solicitar o mesmo. O pago dos TRIENIOS é un problema de toda a Función Pública e polo tanto de Presidencia. Os pagos dos interinos/as serán realizados sen retraso cando se poida legalmente. No tema do 94 e dos PT entenden como lóxica
a petición de cursos de formación para a habilitación
de novas especialidades e estudarán a posibilidade de realizalos.
Tamén entenden a nosa protesta en contra da solución dun
problema ao crear outro que vai en detrimento da calidade do ensino.
Por elo asumen estudar a proposta do STEG de ofertarlle ao colectivo
do 94 interinidades en primaria e substitucións en secundaria.
Tamén valoran o traballo do STEG para intentar facer unha reunión
cos dous colectivos para demandar unha solución que satisfaga
a todas as partes. Demandamos a mellora das ratios tal e como se prometera. RESPOSTA : teñen a intención da redución do alumnado por aula, e non é un problema de persoal senón na maioría dos casos de falla de espazos para abrir máis unidades. Pretenden empezar por infantil e alí onde non sexa posíbel abrir unidades (algúns centros das grandes cidades), incrementar o profesorado de apoio. Estudan a posibilidade de reducir a matrícula, en 3 anos, a 23 alumnos cara o curso que vén. Expuxemos a necesidade de establecer as ratios para os agrupamentos multinivel. Actualmente a inspección segue o criterio de 20 en infantil e 16 en primaria. RESPOSTA : Descoñecían o tema e intentarán
arranxalo. É inaceptábel que a día de hoxe haxa pais e nais que non poden educara aos seus fillos en galego. Ademais das lei é imprescindíbel que haxa control sobre o cumprimento da Lei de normalización lingüística e do Plan de Normalización do Parlamento. RESPOSTA : pretenden mellora a oferta de ensino en galego máis sempre posibilitando a dobre vía. 7.-CADROS DE PERSOAL E REGULAMENTOS ORGÁNICOS DOS CENTROS Pedimos que se negocien uns novos cadros de persoal actualizados a realidade actual e que se modifiquen os regulamentos orgánicos co fin de tender a equiparación das condicións de traballo dos diferentes corpos. RESPOSTA: Estase elaborando un único ROC que englobará a todos os actuais. Só nos adiantou que os especialistas de primaria terán que impartir as súas materias en Ed. Infantil. Expuxémoslle que nos rexeitábamos esa medida, basicamente por cuestións pedagóxicas. 8.- CENTROS CONCERTADOS Esiximos unha revisión seria dos concertos pois hai moitos que non reúnen os requisitos mínimos esixidos por lei. Tamén insistimos na nosa negativa á concertación dos ensinos non obrigatorios. RESPOSTA: A 1ª parte sen resposta. Respecto a 2ª, o ensino infantil hai que concertalo por lei e actualmente só hai concertado algún de FP da etapa anterior. Nos últimos minutos da entrevista só tivemos tempo de avanzar a nosa liña xeral de actuación con respecto aos seguintes temas: 9.- RURAL E PREESCOLAR NA CASA. Non podemos defender o modelo do rural se seguimos a pechar escolas rurais polo que é preciso non pechar máis escolas e tamén solucionar toda a problemática do colectivo das traballadoras e traballadores de preescolar na casa. 10.- ORIENTACIÓN Comentamos a necesidade de modificar e desenvolver a lexislación actual sobre Orientación ao abeiro da nova lei orgánica. Non houbo moito tempo para profundizar neste tema e comentamos brevemente algo sobre a ratio orientación/alumnado, as situación da orientación en primaria, os equipos de orientación específicos etc. Demandaremos unha entrevista coa Directora Xeral de Innovación Educativa para tratar este tema máis polo miúdo. Solicitamos que se teña en conta o número de alumnos e alumnas que se atenden desde un Departamento de Orientación para crear novas prazas de Psicoloxía e Pedagoxía. Demandamos unha solución para a Orientación en Primaria, 11.- EDUCACIÓN DE ADULTOS. Secratariado Nacional do STEG |