|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| Resumo da Mesa sectorial do 5 de xuño A Administración trae a esta mesa sectorial
unha segunda
proposta que fora enviada ás OOSS o 31-05-2007.
Califican esta proposta de esforzo importante da Consellería e piden o posicionamento das distintas OOSS. O STEG valora como totalmente insuficiente a proposta da Consellería xa que analizada esta, e feitos os cálculos, estamos falando dun incremento de prazas moi pouco significativo:
Solicitamos da Administración un verdadeiro movemento en prol da mellora do ensino, que pasa polo aumento real dos catálogos. A nosa proposta de horario, a aplicar en dous cursos, é de 20 períodos lectivos incluídas as gardas, máis tres complementarias fixas e o resto de computo mensual. A proposta de catálogos que presentamos pode verse aquí. Significaría un incremento dunhas 850 prazas. CIG valora como insuficiente a proposta e fai a súa de 18 períodos lectivos máis 2 gardas e 3 complementarias fixas. Respecto a catálogos fai unha proposta cun incremento de 1109 profesores/as
Nunha intervención da Administración di respecto aos horarios que é imposible a homologación con secundaria e con respecto aos catálogos que as propostas das OOSS supoñen un cuantioso incremento de profesorado o que supón un custo moi importante que non poden asumir. Comprométense a estudar e valorar as achegas e propostas de todas as OOSS e emprazounos á próxima mesa sectorial do venres 8 de maio de 2007. Nos rogos e preguntas o STEG plantexou a necesidade
de regular na norma do ano próximo a non participación
nos tribunais de oposicións de aqueles vocais que non están
impartindo a especialidade. Secretariado Nacional do STEG |