| Negociación
de catálogos e redución horaria do corpo de mestres
A 1ª proposta da consellaría está
lonxe das nosas pretensións
Na Mesa sectorial celebrada o martes 29, a que o STEG aínda
non puido asistir, a Consellaría presentou unha proposta
insuficiente para as nosas expectativas.
Dita proposta
pode resumirse en:
- Redución horaria – 23 horas lectivas e 28 de permanencia
semanal no centro máis dúas (ata as 30) de computo mensual
- Catálogos – aumento progresivo dos catálogos
para facer posible a redución horaria no curso 2010/2011. A
mellora redúcese a algún posto máis de FI e de
PT en centros con determinado número de unidades.
Na vindeira Mesa que se celebrará o martes 5 de xuño
o STEG presentara a nosa proposta que podemos resumir no seguinte:
- Redución horaria – Máximo
de 20 h. lectivas para todo o profesorado (contando as gardas como
tales). 3 h. complementarias fixas de computo semanal. 5 h. máis
de permanencia no centro de computo mensual ata chegar a un máximo
de 28.
- Criterios xerais para a confección dos catálogos
- Todos os centros contarán con tantos especialistas de
EP como unidades teña o centro.
- Todos os centros contarán cos especialistas de EI suficientes
para poder cumprir a redución horaria.
- Os centros de menos de 6 unidades contaran co profesorado itinerante
que sexa necesario.
- Todos os centros con unidades de EI contaran con especialistas
de AL e todos os que teñan unidades de EP con especialistas
de PT, fixos ou itinerantes en función do número
de unidades.
- Praza de orientación en todos os centros de 6 ou máis
unidades.
Secretariado Nacional do STEG
maio 2007 |