|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| O STEG pide que se tramite o libre acceso do profesorado a museos e bibliotecas tal como estabelece a LOE STEG e STES-intersindical presentaron senllos escritos ás ministras de Educación e Cultura nos que se lembra que a Lei Orgánica de Educación (LOE) actualmente en vigor estabelece o libre acceso do profesorado a museos e bibliotecas públicos. Esta petición foi cursada igualmente nas distintas comunidades autónomas ás consellerías de Cultura e Educación. A LOE, no seu artigo 104.3, di literalmente que “dada a esixencia de formación permanente do profesorado e a necesidade de actualización, innovación e investigación que acompaña á función docente, o profesorado debidamente acreditado disporá de acceso gratuíto ás bibliotecas e museos dependentes dos poderes públicos. Así mesmo, poderán facer uso dos servizos de préstamo de libros e outros materiais que ofrezan ditas bibliotecas”. A pesar de que a lei entrou en vigor fai oito meses, as medidas contempladas
nese artigo non se desenvolveron, polo que desde a Confederación
de STES-intersindical se pide que entren en vigor de maneira urxente. Secratariado Nacional do STEG |