Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio

DOACIÓN POBO HAITÍ DO DIÑEIRO QUE SE DESCONTARÁ DA FOLGA DO DÍA 21 DE XANEIRO

O STEG faise eco dunha iniciativa que nos chegou dun grupo de profesorado de Vigo. Con esta iniciativa solicítase ao Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria que doe á poboación de Haití a parte do salario que se vai descontar, a cada un que asine a proposta, por secundar a folga do día 21 de xaneiro de 2010, en relación ca elaboración do decreto de plurilingüismo.

Esta iniciativa tivo tamén eco desde os micrófonos instalados na Praza do Obradoiro o mesmo día da folga.

No enlace que atoparedes máis abaixo, podedes descargar o arquivo pdf para enviar ao Sr. Conselleiro.

Animámosvos a que apoiedes esta iniciativa posto que os cartos que se descontarán seguro que servirán de moita máis axuda se son enviados ao pobo de Haití que se son utilizados, non se sabe como, pola Consellería de Educación e O.U.

Secretariado Nacional do STEG
xaneiro 2010

pdf para imprimir