Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio
Acordo 2006

NÓMINA 2010

Evolución salarial do profesorado galego desde o ano 1986

Comparativa retribucións nas distintas CCAA

Revindicacións do STEG
Retribucións 2010

REMATOU A APLICACIÓN DO ACORDO DE 2006

Una vez rematada a aplicación do acordo de  2006 (supuxo unha suba de 150 € para todo o profesorado galego), que tiña por obxectivo colocarnos nos primeiros postos, en canto a salario, en relación cos distintos territorios do Estado, e feita a comparativa do 2009, a realidade non é exactamente a prevista. Na actualidade somos os quintos... pero por abaixo. Se ben é certo que as distancias reducíronse con varias CCAA, seguimos a estar no vagón de cola e lonxe da media estatal: máis de 100€ mensuais de diferenza, en primaria, e máis de 130€, en secundaria!

AUMENTO SALARIAL DO 0,3% PARA O ANO 2010

Froito do acordo ao que se chegou na mesa xeral de negociación das Administracións Públicas, a suba salarial será do 0,3%. O IPC do ano 2009 foi do 0,8%; conclusión: volvemos a perder poder adquisitivo (0,5%) un ano máis, e van...

Ademais deste aumento do 0,3%, acordouse:

  • Percibir, dentro do primeiro trimestre de 2012 e con efecto de 1 de xaneiro dese ano, o importe correspondente á desviación entre os aumentos salariais producidos nos anos 2010 e 2011 e a inflación efectiva neses anos.
  • Percibir, dentro do primeiro trimestre de 2013 e con efecto de 1 de xaneiro dese ano, o importe correspondente á desviación entre o aumento salarial producido no ano 2012 e a inflación efectiva dese ano.

POSICIONAMENTO DO STEG

Partindo da base de que as cláusulas de revisión salarial previstas para 2012 e 2013 poderían ser un avance, o consideramos insuficiente. A cláusula de revisión salarial tería que ser automática, compensando a desviación real do IPC, pagarse cada ano e non soamente nesta conxuntura de crise económica.

Demandamos, así mesmo, o pago dunha cantidade que compense a nosa perda de poder adquisitivo -preto de 16 puntos nos últimos 15 anos-. Ver evolución salarial.