Despois dunha proposta da consellaría de 145 en
tres prazos, o preacordo final que se asinará na mesa
do próximo martes 16 de maio é o seguinte:
xaneiro 2007 - 45
xaneiro 2008 - 35 + 15 por "Función titorial
e outras funcións docentes"
xaneiro 2009 - 30 + 25 por "Función titorial
e outras funcións docentes" TOTAL - 150
Parece ser que todas as organizacións sindicais presentes
na Mesa asinarán este preacordo.
11/5/06 Reunión do STEG co Secretario Xeral
O xoves 11 de maio, representantes do Secretariado Nacional
do STEG, mantivemos unha xuntanza co Secretario Xeral de Educación,
Benito Fernandez; e co Subdirector Xeral de Persoal, JL Canosa;
co fin de plantexarlles as nosas condicións para que
o STEG puidera asinar un posible acordo.
Respecto a cuantía económica, plantexamos a
necesidade de subir a cantidade final, recortar os prazos
a un máximo de tres e aumentar significativamente as
cantidades iniciais.
Respecto ao concepto " Titorías e outra funcións
docentes":
Cambio do nome do concepto de función titorial
e outras funcións docentes por recoñecemento
da labor docente
Que este complemento ten que ser lineal para todo o profesorado
Que non pode haber informes individualizados por parte
da dirección do centro para cobralo ou non
Aclaración sobre o máximo de horas que se
adicarían ás "funcións docentes"
Estipular o que se considera horario lectivo suficiente
para non ter que realizar esas "outras funcións
docentes".
Que dentro da organización do centro, cada docente
poida escoller os labores que desexa realizar para estas
funcións.
O final das negociacións está preto
9/5/06
Proposta presentada na Mesa do 9 de maio:
xaneiro 2007 - 15
xuño 2007 - 10
xaneiro 2008 - 20 + 15 por titorías
xuño 2008 - 20
xaneiro 2009 - 30 + 30 por titorías TOTAL - 140 (95 por
homologación e 45 por titorías)
Propostas dos sindicatos presentes na Mesa:
CIG - 200 . Cantidade próxima aos 100 en xaneiro
do 2007 e os restantes, fraccionados ata decembro do 2008
CCOO, UGT e CSIF - 155 . 50 en xaneiro do 2007 e prazo
final en decembro do 2008
ANPE - 160 . 100 en xaneiro
do 2007, 40 en xaneiro de 2008 e 40 en outubro de 2008
Valoración do STEG:
Como pode verse, as posturas da administración
e de varios sindicatos están moi próximas,
tanto na cantidade final como nos prazos, co que en breve
se albisca un posible acordo. Só hai diferenzas
significativas na cantidade a percibir en xaneiro do 2007.
Cantidade e prazos aparte, a nós
preocúpanos especialmente:
a falta de inclusión dunha cláusula
de revisión do acordo, que permita actualizar
as retribucións no momento de empezar a cobrar
o último prazo.
o feito de que unha parte da suba vaia en concepto
de titorías, cunhas funcións que non
están nada claras e que poden mudar as condicións
de traballo e incluso crear conflitos entre o profesorado.
A consellaría segue mellorando
a súa proposta con contagotas 4/5/06
Proposta presentada na Mesa do 4 de maio:
xuño 2007 - 25
xaneiro 2008 - 20
xuño 2008 - 20
xaneiro 2009 - 25
Total incremento homologación - 90
Complemento de titoría:
outubro 2008 - 15
outubro 2009 - 30
Total complemento titorías - 45 TOTAL - 135 en 3 anos
Propostas dos sindicatos presentes na Mesa:
CIG - 205 . 1º prazo de 100 en xaneiro do 2007 e o
último en outubro do 2008
CCOO, UGT e CSIF - 160 en dous anos
ANPE - (desmarcándose da plataforma
formada polos asinantes do acordo do 2003) 170 . 1º
prazo de 100 en xaneiro do 2007, 35 en xaneiro de 2008 e
35 en outubro de 2008
Valoración do STEG:
Coa actual proposta da consellaría,
aínda baixando un ano o período de aplicación,
e dado os acordos que hai asinados noutras CCAA, seguiriamos
a ser o profesorado peor pagado do Estado durante os próximos
3 anos.
Vemos con preocupación a rotura
da "plataforma" que viña realizando propostas
conxuntas. Agardamos que non haxa ningunha organización
sindical disposta a asinar un acordo en termos semellantes
aos do 2003.
Sen avances na proposta da consellaría
27/4/06
Na Mesa Sectorial do día 27 de maio
a consellaría presentou unha nova proposta:
outubro 2007 - 25
outubro 2008 - 15
outubro 2009 - 20
outubro 2010 - 22
TOTAL - 82 (7 /mes máis que na proposta anterior)
Pago por titorías, a percibir por todo o profesorado
- 15 en outubro do 2008 e 30 máis en outubro do 2009.
Total 45 (5/mes máis que na anterior) TOTAL - 127 en 4 anos
Como pode verse, a consellaría practicamente nun mudou
a súa anterior proposta (12 /mes maís, 7 dos
cales se empezarían a cobrar en outubro do 2010). As
organizacións sindicais mantivéronse nas súas:
CIG - 215 en dous anos
CCOO - UGT - ANPE - CSIF - 173 en dous anos
Ante esto o STEG quere manifestar a seguinte:
Instar á consellaría a mudar a súa
postura, especialmente nos prazos de aplicación,
pois coa súa proposta seguiríamos a ser o
profesorado peor pagado do estado durante os próximos
4 anos.
Instar tamén as demais forzas sindicais a manterse
firmes na súa postura, co obxectivo de colocar ao
profesorado galego por encima da media estatal.
Nova proposta da consellaría
20/4/06
Na Mesa Sectorial do día
20, a consellaría prantexou unha nova proposta:
outubro 2007 - 25
outubro 2008 - 15
outubro 2009 - 20
outubro 2010 - 15
total - 75
Pago por titorías, a percibir por todo o profesorado
- 15 en outubro do 2008 e 25 máis en outubro do
2009. Total 40 .
Desde o STEG vemos esta oferta totalmente
insuficiente, e moi lonxana das nosas propostas, tanto polas
cantidades como polos prazos marcados.
Esperemos que na próxima mesa a celebrar o xoves 27,
a oferta da consellaría se aproxime máis ás
demandas sindicais co fin de acadar unhas retribucións
dignas para todo o profesorado galego.
Proposta inicial da consellaría
6/4/06
Proposta de incremento retributivo
xaneiro 2008 - 25
xaneiro 2009 - 15
xaneiro 2010 - 10
Pago de titorías: 30 para primaria e 40 para secundaria
(empezaría a retribuírse en outubro do 2009).
Ver
proposta íntegra da consellaría.
Ante esta proposta o STEG quere manifestar o seguinte:
Parece mentira, despois de dicir publicamente
que nos queren situar entre as comunidades mellor pagadas
do Estado, que presenten unha proposta tan sumamente
ridícula que nos mantería como
a CCAA peor pagada durante os vindeiros 4 anos.
Que ante esta situación, faise
máis necesario que nunca unha proposta
sindical unitaria para conseguir que as retribucións
do profesorado galego, non estean por debaixo da media
estatal. Con esta idea acudiremos, o mércores 19,
a unha xuntanza na que a CIG convocou a todas as forzas
sindicais.
Cal é a proposta
do STEG?
Suba lineal para todo o profesorado
de 185 /mes con efectos do 1 de xaneiro de 2007.
En caso de que a suba sexa escalonada,
e dicir, que se leve a cabo durante dous ou tres anos,
esta cantidade ten que verse incrementada
en 30 por cada ano de aplicación.
Establecemento dunha cláusula
de revisión salarial automática.
De producirse perda de poder adquisitivo, o acordo ten
que ser actualizado automaticamente, e non establecer
un novo proceso de negociacións ao final do mesmo,
como se recolle no do 2003.
Acordo actual
Que nos venderon con ese acordo?
En xullo do 2003, ante a apertura de negociacións,
todas as organizacións sindicais chegamos a un acordo
unitario, no que reclamábamos unha suba de 163 /mes.
No proceso de negociacións CCOO, UGT, ANPE e CSIF
descolgáronse do acordo sindical e asinaron unha
suba de 100 aplicable en 3 anos.
Data
Suba
Outubro 2003
24,04
Xaneiro 2005
24,04
Xaneiro 2006
30,05
Outubro 2006
21,87
Segundo as partes
asinantes, o acordo supoñía colocar ao profesorado
galego na media estatal.
Dicían que: Os docentes da comunidade serán
a partir de 2006 os sextos mellor pagados de España
(La Voz de Galicia 5/7/2003)
Cal é a realidade?
Nun STEG Informa de setembro do 2003, denunciabamos que con
ese acordo, no ano 2006 non seriamos os sextos, senón
que ocupariamos o penúltimo posto.
Tamén nos equivocamos. O marabilloso acordo colocounos,
ao remate da súa implantación, no ultimo posto.
Ver
comparativa retribucións nas CCAA