Data |
Incremento mensual |
| xaneiro 2007 |
45 € |
| xaneiro 2008 |
35 € + 15 € por "titorías" |
| xaneiro 2009 |
25 € + 30 € por "titorías" |
| TOTAL |
150 € |
Texto
completo do preacordo
Valoración do STEG
Este acordo
situaranos ao final do mesmo nos postos medios-altos a nivel estatal,
polo tanto a nosa valoración xeral é positiva.
Levamos moitos anos sendo o profesorado peor pagado de todo o
Estado. Con este acordo, no ano 2007 avanzaremos 6 postos no “ranking”
de CCAA, para acabar situándonos nos postos medio-altos
en xaneiro do 2009. Isto tendo en conta os acordos actualmente
asinados noutras comunidades.
Ademais, como se recolle no punto 8º do acordo, establecese
unha cláusula de revisión anual, pola que, no caso
de producirse incrementos noutras CCAA que modifiquen a posición
relativa acadada, abrirase un novo proceso negociador.
Neste senso, non nos cabe máis que felicitar
a administración por cumprir un dos seus compromisos electorais
e a todas as organizacións sindicais polo traballo feito
de cara a acadar melloras nas condicións de traballo do profesorado.
Como foi a negociación.
A proposta inicial da consellaría foi de 50 € en tres prazos,
empezando en xaneiro de 2008 e rematando en xaneiro do 2010. Incluíanse
tamén 30 € (primaria) e 40 € (secundaria) para pago de titorías
(so para as titorías, non para todo o profesorado).
Despois de 7 xuntanzas da Mesa Sectorial, as posturas fóronse
aproximando ata chegar ao acordo final.
Durante este proceso, o STEG foi valorando criticamente
as diversas propostas da Consellería e transmitimoslle as
nosas condicións ao Secretario Xeral de Educación
para que poideramos asinar o preacordo
Moito nos tememos que unha vez acadado o acordo, cada quen queira
atribuírse méritos en relación a consecución
do mesmo, pode que algún caia na tentación de querer
colgarse medallas, podemos oír frases do tipo: “grazas a
nós...”, “isto é froito do noso traballo...”, etc,
etc.
Pola nosa parte, pensamos que o acordo e froito de todas e cada
unha das organizacións sindicais, que cada quen negociou
seguindo a estratexia que considerou mais oportuna e que no fondo,
e iso é o que importa, todas perseguían o mesmo fin,
que non é outro que acadar melloras nas condicións
de traballo do profesorado.
Por que asinou o STEG este preacordo?
-
A cantidade total sitúa ao profesorado
galego no lugar que lle correspode dentro do conxunto do Estado.
Ademais os prazos dos pagamentos acortábanse tal e como
nós reclamamos.
-
Supón unha recuperación parcial
do poder adquisitivo perdido nos últimos anos, recuperación
insuficiente polo que o STEG seguirá a reclamar a recuperación
total do perdido.
-
Asinar permite que o STEG esté na
Comisión de Seguimento do Acordo.
-
Coñecida é a postura do STEG
contraria á estratificación salarial polo que
nun principio acolleu con preocupación o pago das titorías
xa que só parte do profesorado se beneficiaría
desa suba. Na reunión que mantivemos na Consellería
fixemos saber a nosa postura de que só aceptariamos unha
suba líneal. Cando se confirma que esa suba é
lineal o STEG decide asinar. De todo xeitos estaremos vixiantes
na comisión de seguimento a este apartado para que realmente
redunde nunha mellora na calidade do ensino. Consideramos imprescindíbel
que queden temporalizadas concretamente as funcións docentes
ás que se refire o preacordo.
-
Como en todo acordo, hai cuestións
nas que hai que ceder aínda que non nos satisfagan, como
é neste caso o feito de que a suba para o corpo de inspección
sexa superior a do resto do profesorado. Un total de 235 €.
Aclaracións de posibles dúbidas
sobre o concepto “Función titorial e outras funcións
docentes”
Todo o profesorado vai cobrar os 45 € deste complemento?
Si. A suba é lineal e para todo o profesorado.O profesorado
titor cobrarao polo feito de selo e o resto terá que facer
unha serie de actividades docentes dentro do seu horario lectivo.
Que tipo de actividades hai que facer?
Reforzos, apoios, desdobres de certas áreas, atención
específica ao alumnado estranxeiro...ou calquera outra que
se estableza na programación xeral do centro.
Canto tempo semanal hai que adicar a esas actividades?
Non se estipula no acordo, será negociado en posteriores
reunións, en todo caso antes de xaneiro do 2008. A intención
da Consellaría é que sexan dúas horas semanais.
Significa isto que quen teña a carga lectiva
completa non vai percibir ese complemento?
Non. O profesorado co horario lectivo completo percibirá
de oficio o complemento
É compatible o cobro deste complemento coa
percepcións de outros?
Si, tanto cos cargos directivos como cos de caracter singular
(xefaturas de departamento, profesorado de CRAs, etc)
|