| |
Nos
últimos anos, grazas ao traballo de José André
Lôpez Goncález, nas vilas de Galiza estase a
recuperar o mítico personaxe do Apalpador, un personaxe
que vivía nas altas montañas das serras orientais
de Galiza e que nos días do inverno baixa ás
aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña
ás meniñas e aos meniños por ver se comeran
ben durante todo o ano, achegándolles castañas
e agasallos feitos a man.
|
| A
campaña gráfica “Ser
lingua non é fácil” foi realizada
no 2007 polo ENL da EOI de Ourense. O seu obxectivo era amosar
linguas normalizadas hoxe en día (inglés, francés,
español, alemán, portugués, italiano…)
en momentos históricos críticos que ben puideron
ter mudado a súa historia… Vemos así como
todas as linguas están afectadas por condicionamentos
sociais que poden facer mudar o seu estatus.
Todos estes paneis pretenden amosar como a funcionalidade
das linguas ( para que serven?,para que van ser usadas?) vai
ligada ás comunidades que as falan e aos seus condicionamentos
sociais, políticos e económicos. Noutras palabras:
a historia escrébese cada dia.
Se algún centro escolar quere facer uso desta exposición
(8 paneis de 1m por 0,80m), pode pórse en contacto
connosco para tela de balde no seu centro durante dúas
semanas.
Nos seguintes enlaces podedes descargar o
pdf
e o power
point con actividades vinculadas á exposición. |
|
|
Exposición
MULLERES NA HISTORIA |
| Exposición MULLERES NA
HISTORIA realizada polo Colectivo 8 de Marzo do IES
A Pontepedriña durante o curso 2006-2007.
A exposición consta de 60 paneis explicativos
que abranguen desde as primeiras reivindicacións feministas
durante a Ilustración, ata as numerosas mulleres que
no século XXI loitan desde moi diversos ámbetos
por construir unha sociedade máis xusta.
Desde o STEG somos conscientes da necesidade de que se coñeza
esta historia que apenas aparece nos libros escolares, polo
que agradecemos ao profesorado que realizou este traballo
que xenerosamente o ceda para que poida chegar a canta máis
xente mellor. No noso labor de difusión, desde a Asemblea
de Mulleres do STEG desexamos destacar a calidade da mesma,
e queremos abrir a posibilidade de compartir experiencias
coeducativas entre o profesorado, polo que vos convidamos
a poñervos en contacto connosco para solicitar o préstamo
gratuito da exposición durante dúas semanas,
ou para facer aportacións que desexedes compartir e
as que lle poidamos dar difusión.
Exposición
en PDF
Tamén podedes solicitar unha copia
en CD nas nosas sedes para proxectala en power-point. |
|
| |
Asemblea
de mulleres do STEG |
Propostas de actividades e unidades didácticas
para traballar a educación para a igualdade, a coeducación...
Enlace
á páxina
|
|