POR QUE LOITAMOS

SINDICATO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO DE GALICIA

  MODELO SINDICAL

 POR QUE LOITAMOS

  25 ANOS DE SINDICALISMO
  • POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE

    Potenciación da Rede de Centros pública    fronte á progresiva privatización.
    Incremento dos orzamentos e das inversións no Ensino Público.
    Desaparición das subvencións ao Ensino Privado.
    Xestión democrática do sistema educativo.

    POLA GALEGUIZACIÓN DO ENSINO

    Cumprimento real da Lei de Normalización Lingüística

    POLO TRABALLO E A PROMOCIÓN DAS MULLERES

    Mellora das condicións de traballo durante os períodos de embarazo e lactancia

    Igualdade no dereito de baixa maternal, por parto ou adopción, entre o funcionariado de carreira e o interino.

    POLA ESTABILIDADE NO EMPREGO

    Mantemento de todos os destinos, non aos traslados forzosos.

    Incremento dos catálogos dos centros.

    Igualdade de dereitos para o profesorado interino e o funcionariado.

    Acceso á función pública mediante concurso de méritos.

    POLO CORPO ÚNICO DE ENSINANTES

    Igual formación inicial para todo o profesorado.
    As mesmas condicións laborais e salariais para todo o profesorado

    POLA MELLORA DAS RETRIBUCIÓNS

    Negociación dun novo sistema retributivo: igual complemento específico.

    Cláusula de revisión salarial.

    Mantemento do poder adquisitivo e recuperación do perdido.

    Homologación co resto do funcionariado do mesmo nivel.

    POLA REDUCCIÓN DO TEMPO DE TRABALLO

    18 horas lectivas para todo o profesorado.

    Actividades de formación dentro do horario lectivo e non ligadas a conceptos retributivos.

    Reducción horaria a partir dos 55 anos.

    Xubilación voluntaria aos 30 anos de servicio ou 60 de idade.

    POLOS DEREITOS SINDICAIS PLENOS

    Eleccións sindiais con delegados e delegadas por centro

    Dereito á negociación colectiva

    Non á Lei de Folga

  • Portada STEG