| |||
|
| O S.T.E.G., un Sindicato autónomo e asembleario, membro da Confederación de STEs, formada pola unión de Organizacións Sindicais cunha historia común, un proxecto solidario e un mesmo modelo sindical que se resume nas seguintes características: | |
| ASEMBLEARIO Un
sindicato que articule toda a súa acción sindical en torno ás Asembleas, un instrumento
a través do que reforzamos a unidade dos traballadores e traballadoras do
ensino, debatendo os temas, tomando decisións e controlando a representatividade
directamente. As Asembleas son a canle fundamental para practicar un sindicalismo
vivo e alonxado de calquera burocratización. GALEGO E CONFEDERADO Uun sindicato
que partindo da realidade galega, traballando en Galicia, reclamando que as competencias
educativas sexan realmente plenas, estea ó mesmo tempo integrado confederalmente
para así poder facer frente ao reto dos grandes temas de política educativa. PLURAL E PROGRESISTA Un
sindicato que non renuncia a aglutinar a todas as traballadoras e traballadores
do ensino. Defensores do modelo de Escola Pública, o que implica esixir aos gobernos
que avancen na loita contra as desigualdades a favor das clases oprimidas.
NON SEXISTA Un sindicato que potenciará
todas as accións que conduzan á abolición do sexismo no ensino e na sociedade.
| AUTÓNOMO Un
sindicato que non esté subordinado á Administración, nin manteña ningún
tipo de dependencia de partidos políticos nin de grupos de presión, porque unicamente
dende esta autonomía podemos desenvolver dun xeito independente a nosa actividade
sindical. REVINDICATIVO Un sindicato que defende as reivindicación das traballadoras e traballadores do ensino. A mellora das súas condicións de traballo considerando a importante función social do Sistema Educativo. SOCIOPOLÍTICO E DE CLASE Un
sindicato formado por traballadoras e traballadores do ensino, docentes e non
docentes que son e se senten parte da clase traballadora. No que as súas reivindicación
non queden nunha simple defensa gremial da profesión, belixerante con todo
tipo de explotación, co sexismo, e que traballe activamente pola conservación
do medio ambiente e pola paz. Que procura unha transformación fonda do actual
sistema educativo cara á Escola Pública no marco dun ensino non xerarquizado.
UNITARIO Un
sindicato que aspira a configurar unha alternativa unitaria no Ensino dende bases
democráticas e pluralistas, e que
promove a unidade de acción con outros Sindicatos e Organización progresistas. |
A
ALTERNATIVA AUTÓNOMA E ASEMBLEARIA.