25 ANOS DE SINDICALISMO

SINDICATO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO DE GALICIA

  MODELO SINDICAL

 25 ANOS DE SINDICALISMO

POR QUE LOITAMOS

                   CONTIGO, FACENDO CAMIÑO

Durante 22 anos, os Sindicatos de Traballadores e Traballadoras do Ensino, que constituímos na actualidade a Confederación de STEs, caracterizámonos por practicar un modelo de sindicalismo autónomo e asembleario, que impulsou canta loita houbo por mellorar as condicións laborais e por defender a Escola Pública.

1976. Créanse os primeiros STEs a partir das Coordinadoras de Ensinantes coa intención de ser unha resposta unitaria para todo o profesorado. No cuarto trimestre deste ano celébrase o 1º Congreso do Movemento de Mestres de Pontevedra, hoxe S.T.E.G.

  1977. Xunto coas coordinadoras estatais lóitase pola estabilidade do profesorado interino, apoiando as loitas dos PNNs.

  1978.  O Movemento de Mestres de Pontevedra, hoxe S.T.E.G., participa na folga que consegue a adicación exclusiva no E.X.B.

1979.  O Movemento de Mestres de Pontevedra lidera a loita en Galicia en contra dos desprazamentos forzosos, conseguindo a permanencia do funcionariado na comunidade de orixe.

1980.  Mobilización contra o Estatuto de Centros da U.C.D., que se consegue paralisar.

            -1981.  Persoas da nosa Confederación crean a Xestora contra a Adicional Quinta, que contou cun apoio masivo.

            -1982-87.   Anos de dura loita contra os procesos xerarquizantes da Administración. As mobilizacións en contra da carreira docente, conseguen paralizar os sucesivos borradores do Estatuto do Profesoradoe, como remate, á derrogar a Adicional XV da Lei de Medidas para a Reforma da función Públca.Primeiras Eleccións Sindicais Nn Ensino, presentándonos como U.C.S.T.E.  Presentamos ao Parlamento español a primeira iniciativa lexislativa popular sobre a Responsabilidade Civil


-1988.Gran folga no Ensino Público. Conséguese avanes na homologación, sen chegar a acadala. Triunfa a nosa postura sobre o complemento específico xeralizado e liñal con apoio da maioría do profesorado. Convocamos e participamos activamente na Folga Xeral do 14-D.

            -1989-90.   Impulsamos o debate e posicionamento ante a LOXSE, denunciando a dinámica das Administracións e loitando por unha reforma progresista coherente coa alternativa de Escola Pública que defendemos. No primeiro trimestre de curso propuxemos en solitario ao profesorado ir á Folga polas insuficiencias da LOXSE e en contra de aspectos de desenvolvemento do Concurso de Traslados. Esta acción non recibiu o apoio do conxunto das organizacións sindicais. Máis tarde, en Maio, materialízase co apoio do resto de sindicatos, cando o proxecto xa estaba no Parlamento.

            -1990.  Iníciase en todo o Estado unha campaña a prol da revalorización social do traballo docente. En Canarias, onde o sindicato confederado co noso é maioritario, conquerimos a Homologación, igual para todos e todas e non vencellado á formación. Empezamos unha campaña en solitario pedindo a paralización da ADSCRICIÓN do profesorado que remata coa presentación na Mesa Sectorial en Compostela de preto de 5.000 sinaturas do profesorado de E.X.B. en Galicia avalando a nosa postura. Infelizmente a historia volveu darnos a razón, e hoxe en día coidamos que todos e todas estariamos de acordo en que se aforrarían moitos atrancos na adscrición do profesorado do ano 96 de non ter existido aquela.

            -1990, 1991, 1992, 1993, 1994.   Loitas por conseguir a estabilidade e un sistema de acceso por concurso de méritos distinto do establecido na transitoria terceira da LOXSE.

            Campaña en contra da Reconversión do Ensino e esixencia de negociación global. Mobilizamos e defendemos coherentemente en tódolos ámbitos as nosas esixencias en contra da xerarquización, pola xestión democrática dos centros, polo corpo único, en contra das reformas feitas nos concursos de traslados, pola formación permanente en horario lectivo, pola estabilidade dos interinos/as...

            -1991.  Oposición militante ao novo sistema retributivo (sexenios), acordo que non asinamos por non garantir a homologación e estar vencellado á formación.

            -1992.  Propuxemos en solitario a reforma da transitoria novena do Decreto 985, pedindo que a tódolos/as definitivos/as de primeiro destino se lles deixase optar polos apartados a) ou c) do concurso, segundo lles conviñese. Hoxe todos se apuntan a isto.

            -1994.  Opuxémonos ao acordo salarial do funcionariado para os vindeiros tres anos. Non entendemos cómo sindicatos convocantes das Folgas Xerais na Función Pública do 26 de novembro e 15 de decembro do ano 92 e do 27 de xaneiro do 94, daquela en contra da conxelación salarial, asumen agora esa perda de poder adquisitivo. Así mesmo, parécenos impresentable que acepten un fondo de compensación no lugar dunha cláusula de revisión salarial.

            -1995.  Concentracións, e convocatoria de folga contra a LOPAGCD.

            -1996.  Abandoamos a Mesa Sectorial de Educación en protesta polo retraso na entrega da Rede de Centros, imprescindible para negociar a Adscrición. O 5 de xuño convocamos unha Manifestación en Compostela en demanda de catálogos máis amplios cara a adscrición. Solicitamos xudicialmente a paralización da adscrición nesas condicións e interpuxemos Recurso Contencioso Administrativo contra ela. Propiciamos e potenciamos as Plataformas pola Defensa da Escola Pública. Formamos parte da Plataforma para a defensa do profesorado suprimido e aportamos solucións sen esquecer ao profesorado provisional nin definitivo nos cursos de habilitación. Loita contra a conxelación salarial, xa que o novo goberno do PP nin tan sequera respectou o mal acordo asinado por outros sindicatos na ano 94.

            -1997.  Recurso Contencioso Administrativo contra a discriminación do horario lectivo do profesorado de ESO en centros de Primaria. Loita contra o Decreto de Orientación e supresión dos EPSAs. Presencia en Plataformas de Defensa da Escola Pública. Non asinamos o Pacto Escolar pola potenciación que facía da escola concertada, entre outras cousas. Recurso Contencioso Administrativo para que o profesorado do Corpo de Mestres na ESO perciban o nivel 24 e campaña de recollida de sinaturas para facelo extensivo a todo o profesorado.

            -1998.  Posicionámos en contra da adscrición do Corpo de Profesores de Ensino Secundario e PTFP.

   CONTINUAMOS E CONTINUAREMOS A LOITAR POR UN MODELO DE ESCOLA PÚBLICA, DESDE UN SINDICALISMO PARTICIPATIVO, AUTÓNOMO E ASEMBLEARIO, NO QUE TE CONVIDAMOS A PARTICIPAR E PARA O QUE PEDIMOS O TEU APOIO. COA TÚA FORZA, PARA SEGUIR FACENDO CAMIÑO, CONTIGO.
 

Portada STEG