|
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES
DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
PROFESORADO INTERINO – REDUCIÓN DE PROFESORADO INICIO DAS MOBILIZACIÓNS POLOS DESPIDOS DO PROFESORADO INTERINO E EN FAVOR DA CALIDADE DO ENSINO GALEGO MÁIS DE 200 PERSOAS ACUDEN A CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLO O STEG E A CIG PARA DEMANDAR A ESTABILIDADE PARA O PROFESORADO INTERINO E A ATENCIÓN AS DEMANDAS EDUCATIVAS DOS CENTROS.
O STEG ven denunciando, desde o inicio deste proceso opositor, que a precariedade na que se atopa este colectivo ía rematar coa maior precariedade : o paro. Podemos dicir que isto era a crónica dunha morte anunciada. Nas distintas mesas de educación a nosa organización non deixou de demandar o inicio das negociación de estabilidade para este conxunto de docentes. A administración oponse constantemente co argumento de que o proceso de estabilidade será o sistema actual de oposicións. - profesorado de filosofía impartindo latín, informática, economía, xeografía.... Resulta paradoxal que invoquen a economía para a redución de profesorado cando hai centros onde profesoras/es están a face 5 ou 6 horas de garda e teñen alumnado que quere cursar optativas do seu Departamento e non lle permite a Administración por ser un número insuficiente. Máis grave resulta o caso anterior se pensamos que iso acontece no rural. ¿ é todo isto á calidade do ensino?. Non debemos esquecer que este recorte afectará de forma alarmante ao profesorado que viña realizando substitucións nestes últimos cursos. Seguiremos a esixir unha dotación de profesorado axeitada á realidade dun ensino galego de calidade e unha solución ao profesorado que presta servizos a esta Consellería. De non ser así verémonos na obriga de continuar coas mobilizacións que consideremos oportunas.
SECRETARIADO NACIONAL DO STEG |
|||
|