|
PLATAFORMA SINDICAL GALEGA |
SINDICATO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO DE GALICIA |
|
CC.OO., CIG, CSI-CSIF, STEG, UGT e USO |
|
OBXECTIVOS DA PLATAFORMA |
|
|
|
Actuacións da plataforma |
| Vindeiras | Pasadas |
|
|
| 2
Febreiro |
Polo
dereito á negociación dos nosos salarios Manifestación En Santiago, ás 11:30 na Alameda Plataforma Sindical Galega |
||||||
|
|||||||
Sábado,
15 de decembro
MANIFESTACIÓN DE
DELEGADOS E DELEGADAS SINDICAIS NA TOMA DE POSESIÓN DE FRAGA
A ista manifestación, non asistiron os representantes de ANPE. O día 14, fixéronnos chegaar aos demáis sindicatos da plataforma o seguinte comunicado:"1º. Non suscribimo-los documentos aportados pola Plataforma Sindical por non responder totalmente ós plantexamentos reivindicativos do profesorado galego. 2º.-A consecuencia do anterior, non asumimo-las actuacións programadas". A valoración desta nota, que a faga cada quen.
Retallos de prensa*:
* Non aparecen retallos
da prensa galega xa que "non se sabe por que", pero apenas aparecen
alusións a esta reivindicación.
Artigos de opinión: Por que un estudante sae na prensa coa pegatina do STEG (Francisco Legaspi)
Martes,
13 de novembro
COCENTRACIÓN DE DELEGADOS E DELEGADAS EN SANTIAGO
| Retallos de prensa: |
RETRIBUCIÓNS E CONDICIÓNS LABORAIS PARA O ANO 2002
Diante da grave agresión que supón para as empregadas e empregados públicos o Proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para o ano 2002, manifestamos o noso máis absoluto rexeitamento, polas seguintes razóns:
Consolida a perda do poder adquisitivo das traballadoras e traballadores das AA.PP. (máis de 15 puntos na última década), cunha suba salarial de soamente o 2 % -igual ó IPC previsto para o ano 2002-, o que ven a significar un novo recorte dos nosos salarios. A falta de rigor e a manipulación coa que o Goberno ven fixando e mantendo as previsións de inflación, constitúe un mecanismo para, degradando as nosas rendas, aminorar o gasto.
Limita, un ano máis, o número de prazas de novo ingreso que, en todo caso, deberá ser inferior ó 25 % da taxa de reposición das vacantes. Esta amortización do 75 % das vacantes está a producir un efecto de substitución de emprego fixo por temporal, consolidando o emprego en precario nas Administracións Públicas (un 31 % de incremento da taxa de temporalidade nos últimos cinco anos) e o deterioro dos servicios públicos coa conseguinte privatización.
Non recolle unha cláusula de revisión dos
salarios a cal permita que as subas salariais se efectúen en base ó IPC
real e non ó previsto.
Ante
estas medidas regresivas, o Goberno ofrece como contrapartida un 0,5 % para un
fondo de pensións privado, e un 0,5 % en concepto de retribución variable,
ligada a uns obxectivos macroeconómicos dificilmente alcanzables. Ademais, dita
suba non sería consolidable.
O
Goberno presenta un fondo de pensións para as empregadas e empregados públicos,
claramente insuficiente na súa dotación e unha trampa nun intento de facer
transixir ás Organizacións Sindicais cunhas retribucións salariais e unha política
de emprego de todo punto inaceptables, pretendendo convertilo nunha moeda de
cambio fonte a posibles subas salariais directas das empregadas e empregados públicos.
No
que respecta á Administración da Xunta de Galicia, segue totalmente vixente a
táboa reivindicativa acorda polas Organizacións Sindicais da Plataforma Galega
en defensa dos Servicios Públicos:
Cláusula de Revisión Salarial
Eliminación da taxa de reposición salarial
Xornada máxima de 35 horas
Conversión de emprego eventual en fixo
Desaparición da mobilidade xeográfica
forzosa
Polo cumprimento da sentencia da Audiencia
Nacional
Defensa dos Servicios Públicos
1 % da masa salarial para o fondo de Acción
Social
Se
os Gobernos da Xunta e do Estado persisten en aplicar estas medida inxustas e
arbitrarias, empeñándose en arruinar o noso dereito á Negociación Colectiva,
as Organizacións Sindicais temos a vontade de continuar mobilizándonos a prol
das nosas demandas ata que se produza unha negociación real e efectiva no
conxunto das Administracións Públicas.
.