|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
O STEG APOIA A FOLGA E A MANIFESTACIÓN DO PROFESORADO INTERINO DO 8 DE XUÑO
Lembremos que máis de 80.000 persoas traballan en precario en todo o estado, sobrepasando o número desexable que marca a Lei da Función Pública. Polo tanto a Administración incumpre a súa propia normativa, entre outras cousas, porque é moito máis barato. Pero pola contra esquécese deste aspecto cando os bota á rúa sen ningunha contemplación. Este numeroso colectivo precisa unha solución, e por iso solicitamos a derogación da Disposición Adicional 12ª da LOE e esiximos a negociación dun novo acceso e a implantación do acceso diferenciado que poría fin a esta situación. Desde o STEG manifestamos o apoio a este colectivo e animamos ao profesorado interino a acudir á folga e á manifestación de Madrid do vindeiro mércores 8 de xuño. Para acudir á manifestación podedes poñervos en contacto
co STEG a través do correo electrónico steg@stegsindicato.org ou
ben dirixíndose ás nosas sedes. |