Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino

Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir a especialidade de Jazz no Conservatorio Superior de Música da Coruña.


Resultando necesario para o próximo curso académico 2006-2007 a contratación de profesores especialistas para impartir as especialidades de Jazz no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, efectúase a presente convocatoria conforme ás seguintes bases:

Primeiro.- Convocanse prazas de profesores especialistas no Conservatorio Superior de Música da Coruña, para impartir docencia de:


Jazz-Saxofón
Jazz-Trompeta
Jazz-Trombón
Jazz-Batería
Jazz-Piano
Jazz-Contrabaixo
Jazz-Guitarra

Segundo.- Prazo de solicitude
Ata o 9 de outubro

Terceiro.- Modelo de solicitude

Cuarto.- Comisión baremadora
A asignación da puntuación que lle corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión nomeada polo Secretario Xeral e constituída por:
O Subdirector Xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente, que será o seu Presidente.
A xefa do servizo de profesorado de educación secundaria, formación profesional e de réxime especial.
Un asesor da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.
Poderán asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.

Quinto.- Requisitos dos candidatos
- Estar en posesión do título superior de jazz conforme á LOXSE.
- Acreditar o curso de perccionamento en lengua galega ou equivalente.

Sexto.-No suposto de non cumprir o requisito de titulación establecido no punto anterior, aplicarase o seguinte baremo:

1.- Experiencia profesional
1.1.- Por cada ano de experiencia docente en conservatorios superiores ou profesionais de música: 1 punto.- máximo 4 puntos.
1.2.- Por cada ano de experiencia docente en escolas de música: 0,5 puntos.- máximo 2 puntos.
1.3.- Por concertos de jazz como solista: ata un máximo de 3 puntos.
- Organizados por institucións públicas: ata 2 puntos.
- Organizados por institucións privadas: ata 1 puntos.
1.4.- Por concertos en grupos de jazz como acompañante: ata 1 punto
- Organizados por institucións públicas: ata 0,75 puntos.
- Organizados por institucións privadas: ata 0,25 puntos.
1.5.- Por gravacións discográficas: ata 2 puntos.
A acreditación dos méritos correspondentes a este apartado efectuarase por medio de contratos de traballo, programas de concerto, reseñas de prensa, ou por calquera outro procedemento fidedigno. Polo que respecta ás gravacións discográficas, só se valorarán as que conten co ISBN, ISMN ou depósito legal.

2.- Actividades de formación
2.1.- Pola impartición de actividades de formación e/ou actualización didáctica homologadas, relacionados co Jazz, organizados polas Administracións educativas: 0,05 puntos por cada 10 horas, ata un máximo de 3 puntos.
2.2.- Pola impartición de outras actividades de formación e/ou actualización didáctica relacionados co Jazz: ata un máximo de 2 punto.
2.3.- Pola asistencia a cursos de formación e/ou actualización relacionados co Jazz, organizados polas Administracións educativas: 0,05 puntos por cada 10 horas, ata un máximo de 2 puntos.
2.4.- Pola asistencia a outros cursos de formación e/ou actualización relacionados co Jazz: ata un máximo de 1 punto

3.- Publicacións
3.1.- Pola publicación de artigos e traballos en revistas especializadas, que conten co ISBN, ISMN ou depósito legal: ata 1 punto
3.2.- Pola publicación, coordinación e colaboración en libros, que conten co ISBN, ISMN ou depósito legal: ata 1 punto.

4.- Titulacións
4.1.- Por cada título superior de música, conforme á LOXSE, ou titulación equivalente: 2 puntos.
4.2.- Por cada título de profesor, conforme ao Decreto 2618/1966, do 10 de setembro: 1 punto.

5.- Proxecto docente referido á especialidade de jazz: ata 4 puntos.

Convocatoria completa no DOG do 29 de setembro