|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
Acordo de estabilidade para o profesorado interino/substituto proposto polo STEG, CIG-Ensino, FETE-UGT e a Asociación do Profesorado non Numerario de Galicia, para a comunidade autónoma de Galicia. Estabilidade no posto de traballo
2.- Queda dentro do ámbito de aplicación do estabelecido no apartado anterior o profesorado que ao longo destes cursos acumule como mínimo un ano de servizos. Acceso á función pública docente 3.- A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións asinantes deste acordo comprométense a realizar e/ou promover as modificacións normativas necesarias no sentido de posibilitar un acceso diferenciado para o profesorado con servizos prestados á Administración educativa. Para isto, solicitarán ao Parlamento de Galicia que inste ao Goberno do Estado para que regule un sistema de acceso á función pública docente que permita consolidar o posto de traballo do profesorado interino e substituto. 4.- A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria tenderá á diminución do profesorado interino a través do seu acceso definitivo á condición de funcionario de carreira. As partes asinantes deste acordo negociarán a oferta pública de emprego que garanta a estabilidade do profesorado interino, facilite o seu acceso á condición de funcionarios/as de carreira e posibilite o incremento dos actuais cadros de persoal dos centros. 5.- A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria promoverá a modificación da actual lexislación para posibilitar que o profesorado interino ou substituto que non ten a titulación requirida para o acceso ao funcionariado sexa habilitado por experiencia docente. Dereitos e condicións laborais dos/as interinos/as e substitutos/as 6.- O profesorado interino e substituto disfrutará dos mesmos dereitos laborais, administrativos, sociais e económicos que os funcionarios/as de carreira: licenzas por estudos; cursos de formación; pago inmediato do salario; dereito a percibir axudas do fondo social para adquisición de vivenda; dereito do profesorado substituto a cobrar os meses do verán tras seis meses traballados no curso; cobro de antigüidade (trienios e sexenios); etc e todos aqueles outros contemplados na Lei da Función Pública de Galicia, a Estatal e no Estatuto dos Traballadores. O contrato dos/as substitutos/as incluirá o período vacacional se o/a titular continúa de baixa durante este tempo. 7.- A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria comprométese a emprender as accións necesarias encamiñadas a modificar a lexislación actual para que o profesorado interino teña garantido o dereito a percibir o cobro dos trienios e sexenios. 8.- A Consellaría de Educación e Ordenación
Universitaria comprométese a garantir a estabilidade laboral até
o momento da xubilación ao profesorado interino que acade 8 anos de servizos
prestados á Administración educativa galega. |