| PROFESORADO
INTERINO
Addenda 2010 ao acordo de 1995. Sí
a un proceso de estabilidade; non a máis parches
O STEG no seu momento non asinou o acordo de 1995 por
entender que estabamos a falar dun acordo de colocación e non de
estabilidade. Acordo de estabilidade que solicitamos en innumerábeis
ocasións (febreiro de 2007: entrevistas cos grupos parlamentares;
25 de outubro de 2007: solicitude presentada por rexistro ao Secretario
Xeral; 15 de setembro de 2009: solicitude presentada por rexistro ao Dir
Xeral, Sr. Pinal).
Entendemos que algúns puntos desta Addenda deben ser introducidos
para actualizala coa LOE (caso da formación pedagóxica e
didáctica –máster-) ou por sentenzas xudiciais que
lle obrigan a separar algunhas das listas. O que non comparte o STEG é
a forma: parcheando unha lexislación que non ten o aval da maioría
da mesa e non aproveitando a ocasión para facer unha aposta clara
por solucionar a situación de precariedade laboral, iniciando a
negociación que remate cun acordo de estabilidade para o profesorado
interino.
Neste sentido o STEG non avalará un acordo de
colocación que supoña, como a experiencia demostra, a perda
do posto de traballo do profesorado.
O que si conseguiu o STEG durante a negociación é que se
incluíra, nesta Addenda, a problemática das interinidades/substitucións
das mulleres embarazadas, así como os homes que deban facer uso
do permiso de paternidade, conseguida e incluída, grazas ao STEG,
na Orde do 7 de abril de 2008 de permisos e licencias.
A administración segue negándose a abrir un proceso de estabilidade
para o profesorado interino alegando que “non é o momento”.
O STEG ve que non houbo momento desde o 95 e que non se debe ver como
un problema orzamentario senón como a solución a un problema
que creou a propia Administración. É a súa responsabilidade
solucionalo.
Secretariado Nacional do STEG
Abril 2010
Documento
en pdf para imprimir
|