|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| RESUMO DA TRANSITORIA PARA O ACCESO Á FUNCIÓN PÚBLICA DOCENTE Durante os vindeiros 5 anos –que se correponden coa implantación da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación- o ingreso á función publica docente realizarase mediante un procedemento selectivo transitorio. Fase de oposición Parte A: Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante, de entre un número de temas, extraídos ao azar polo tribunal, proporcional ao número total de temas do temario:
Parte B: B. 2) Preparación e exposición dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal dunha unidade didáctica, estará relacionada coa programación presentada polo aspirante. O aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao azar por el mesmo, da súa propia programación. Nas especialidades propias da formación profesional específica, a unidade didáctica poderá referirse a unidades de traballo debendo relacionarse coas capacidades terminales asociadas ás correspondentes unidades de competencia propias do perfil profesional de que se trate. Nas especialidades de Psicología e Pedagogía do Corpo de Profesores de Ensino Secundario e na de Servizos á Comunidade do Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional, os aspirantes poderán optar por desenvolver un programa de intervención nun centro escolar ou nun equipo de orientación educativa e psicopedagógica. Informe sustitutivo desta proba (B. 2), para
o Profesorado Interino en activo. B. 3) Exercicio de carácter práctico. No caso de especialidades que inclúan habilidades instrumentais ou técnicas. A cualificación de cada unha das dúas partes da proba será de 0 a 10 puntos debendo ter cada unha das partes un peso mínimo do 40% da cualificación final, peso que será fixado polas Administracións educativas. Cada un dos exercicios da parte B valoraranse de 0 a 10 puntos. As Administracións educativas determinarán o peso das puntuaciones de cada un dos apartados desta segunda parte. No caso de que no apartado B.2) o aspirante opte polo informe da Administración educativa, este exercicio non poderá ter un peso superior ao 30% da cualificación da fase de oposición. A nota final e global da proba expresarase en números de cero a dez, hai que obter polo menos un 5 para pasar á fase de concurso. Fase de concurso Experiencia previa: Máximo 7 puntos. Os aspirantes non poderán alcanzar máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos. Sistema de cualificación. |