Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << STEG Opina

PROPOSTA ACCESO TRANSITORIO MEC
PROPOSTA STEG
Temarios: De momento -para 2007-: os actuais.

Fase de oposición: eliminatoria para pasar á fase de concurso, cunha cualificación mínima de 5 puntos.
A fase de oposición constará dunha proba estructurada en 2 partes, que non terán carácter eliminatorio entre elas:

  1. Primeira parte: desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo/a aspirante, de entre dous extraídos ao azar polo tribunal, dos correspondentes ao temario da especialidade= 10 puntos, de 40% a 60% en valoración final.
  2. Segunda parte: presentación dunha programación didáctica sobre un curso ou nivel académico e elaboración -preparación: 1 hora- e exposición oral dunha unidade didáctica, de entre 3 elixidas ao azar da programación. En especialidades que inclúan habilidades instrumentais ou técnicas, esta segunda parte poderá incluír unha proba práctica. En caso deste exercicio práctico: (programación unidade = 10 puntos: 40% a 60% en valoración parcial) (práctico = 10 puntos: 40% a 60 % en valoración parcial) = 10 puntos totais (media): de 40% a 60% en valoración final.
    - Todos os exercicios escritos realizaranse nunha sesión conxunta coa presenza da totalidade dos candidatos/as e a duración non poderá exceder de 2 horas. Os/as candidatos/as presentarán e expoñerán oralmente ante o tribunal os exercicios correspondentes cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos.
    - Para poder acceder á fase de concurso, será necesario obter unha cualificación mínima na fase de oposición de 5 puntos.

Fase de concurso:
Experiencia previa......: Máximo 7 puntos
Formación académica..: Máximo 4 puntos
Outros méritos...........: Máximo 2 puntos

Sistema de cualificación:
A ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será de dous tercios para a fase de oposición e dun tercio para a fase de concurso.

Fase de prácticas:
A realizar ao curso seguinte á superación do concurso-oposición.

Fase de oposición: A fase de oposición constará dunha única proba:

Presentación dunha programación didáctica sobre un curso ou nivel académico e defensa dunha unidade didáctica, de entre 3 elixidas ao azar da programación presentada.......Valoración: 10 puntos

 

 

 

 

Fase de concurso:
Valoración experiencia previa.......: Máximo 9 puntos.
Valoración formación académica e outros méritos : Máximo 1 punto.
Total valoración concurso...................... : 10 puntos

Sistema de cualificación:
A ponderación das puntuacións das fases de oposición e de concurso para formar a puntuación global será do 50 % para cada fase.


Fase de prácticas:
Convalidarase esta fase ao profesorado interno cun curso traballado.

 

Secratariado Nacional do STEG
setembro 2006