|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA | |
| |
| O STEG segue denunciando irregularidades no tratamento das vacantes de profesorado interino O curso pasado 2005-06 foi o primeiro desde a entrada do goberno PSdG-BNG. O STEG despois de agardar un espazo de tempo prudencial e dar unha marxe de confianza ao novo goberno, denunciou, hai agora un ano varias irregularidades que aconteceron naquel momento. Un ano despois, séguense sucedendo estas irregularidades, polo que o STEG volve a denunciar os seguintes casos: 1. Cada mes de decembro interrómpense os nomeamentos de profesorado substituto, sen máis razón que a económica. Esta Consellaría, non cambia o método que se viña utilizando, e o que trata é de aforrar uns poucos euros onde menos se deben aforrar, que é na atención ao alumnado. Isto afecta de maneira negativa á calidade do ensino da que tanto gusta presumir. Coma noutras ocasións o STEG denuncia publicamente esta situación e tomará as accións que se estimen oportunas. 2. Cada inicio de curso, igual que sucedía co PP, aparecen vacantes que non foron adxudicadas uns días antes como correspondería. É dicir, na adxudicación definitiva que para o profesorado interino se fai cada curso. Incluso, a persoas que teñen solicitada e concedida redución de zona, non se lles ofertan vacantes da súa zona que despois se lle adxudican a persoas cun número de lista superior. E isto aconteceu este curso, por poñer un exemplo, no CEIP Anexa de Lugo. Secratariado Nacional do STEG |