Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino

O colectivo do 94 merece unha solución

A entrada en vigor da LOE, supuxo que o profesorado de primaria, as mestras e mestres, non puidese seguir accedendo a traballar no 1º ciclo da ESO. Isto implicou tamén que o colectivo de profesorado interino que cubría interinidades e substitucións neste ciclo, quede agora apartado destas listas e mermadas as súas posibilidades de traballar.

Ante esta situación, a Consellaría de Educación e O.U., anuncia que a solución consiste en presentarse ás oposicións en calquera especialidade de primaria e colocarse, co mesmo número que tiñan con anterioridade, na lista correpondente. Isto sin ter nin siquera que superar ningunha proba de oposición, o que claramente vai en contra da calidade do ensino.

Desde o STEG entendemos que esta non é a solución, non nos parece seria. Por unha banda, pode lesionar os dereitos das persoas que hoxe xa están en lista e que verán como outras lles pasan por diante sen saber por que, e por outra banda -despois dunha reunión co colectivo afectado- comprobamos que tampouco lles satisface a proposta da administración. Esta posición do colectivo, demostra que o que buscan é unha solución, pero que non queren que con ela se perxudique a outros colectivos.

Na reunión mencionada, o STEG fíxolles chegar unha proposta que entendemos xusta, que non lesiona dereitos de ninguén, e que ademais foi moi ben aceptada polo colectivo afectado. O STEG adquiríu tamén o compromiso de trasladar esta proposta á Consellaría para a posible negociación. A proposta é a seguinte:

  1. Que aínda que non se lles poidan ofertar vacantes de 1º ciclo da ESO, tal como recolle a lexislación vixente, solicitamos que sí poidan seguir cubrindo as substitucións neste ciclo.
  2. Que se lles oferten interinidades da especialidade de primaria, tal como xa viña sucedendo. É dicir, que sigan na lista xeral de primaria.
  3. Que se oferten os cursos de formación necesarios para acadar a habilitación correspondente ás novas especialidades.

Secratariado Nacional do STEG
xaneiro 2007