| AVISO IMPORTANTE PARA OS CENTROS sobre a obriga de comunicar
á Consellería o cesamento do profesorado que estea facendo
substitucións
Recórdase a todos os centros educativos que é obrigatorio
comunicar aos respectivos servizos de Persoal (Servizo de profesorado
de Primaria ou Servizo de profesorado de Secundaria) o cesamento dos
substitutos no mesmo día no que se produce para que poidan ser
incorporados novamente ás listas e poidan ser de novo chamados
con ocasión de vacante. Isto é moi importante e xa se
viña facendo así en anos anteriores (avísase para
que os centros que non o estean facendo cumpran con este requisito xa
que prexudicarían gravemente aos interesados de non facelo así).
A data do cesamento do substituto/a ten que coincidir coa data da alta
do titular. É dicir o día que o titular recibe a alta
traballa o substituto e o titular incorpórase ao día seguinte
da alta recibida.
Os datos que hai que enviar á Consellería do cesamento
dos substitutos mediante fax (981 545484) dirixido ó Servizo
de profesorado correspondente son os seguintes : NIF (incluída
a letra), Nome e apelidos e data do cesamento. Estes datos poden tamén
ser enviados por correo electrónico a persoal.secundaria@edu.xunta.es
ou persoal.primaria@edu.xunta.es (segundo corresponda en cada caso e
no mesmo día do cesamento do/a substituto/a). Na Consellería
non se necesita ningún outro documento, xa que tanto os documentos
da toma de posesión como as baixas e altas do profesorado do
centro deben remitirse á Delegación provincial que corresponda.
Avísase igualmente que para comunicar coas persoas que levan
o tema de substitucións deben chamar ós teléfonos
981 544488 ( no caso do profesorado de Primaria) e ós teléfonos
981 545408 ou 981 545407 ( no caso do profesorado restante: Secundaria,
Formación Profesional, etc).
Aínda que a maioría dos centros xa o vén facendo
segundo se pide, agradecemos a colaboración de todos para evitar
posibles problemas ó profesorado afectado.
|