Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino

Profesorado interino e substituto
A addenda asinada en xullo está deixando fóra das listas a moitas persoas


A Consellaría de Educación e O.U. e os sindicatos CCOO, ANPE e CSI-CSIF asinaron unha nova addenda o 11 de xullo que bota fóra das listas a persoas por ter outro contrato laboral e non ter presentado renuncia, aínda sen ter vacante adxudicada, na resolución provisional.

Esta addenda recolle no seu apartado noveno punto 2 que: “Os profesores interinos e substitutos poderán solicitar non ser chamados para as prazas que puidesen corresponderlles, por un período máximo e improrrogable de tres cursos académicos, que non terán que ser necesariamente consecutivos, sempre que aleguen e xustifiquen que teñen un contrato de traballo de carácter temporal ou prestan servizos, tamén con carácter temporal, noutro posto do sector público.”

Chama a atención a redacción poderán solicitar non ser chamados para as prazas que puidesen corresponderlles. ¡Como unha persoa pode renunciar a un futurible!¡Como unha persoa pode renunciar a unha vacante que non sabe se lle vai a corresponder!

Esta xente debía renunciar á Resolución Provisional cando nese momento, principios do mes de agosto, non coñecía a posible vacante que lle puidera corresponder noutra Comunidade Autónoma. A consecuencia, é que deixarán de formar parte das listas e con elo a posibilidade de poder traballar cada ano.

O STEG si está disposto a aceptar unha reducción de profesorado interino e substituto, porque elo levaría consigo a reducción de traballo precario, pero non a calquera prezo. Non cando esa reducción signifique a perda do posto de traballo. Este colectivo, con moitos anos de experiencia traballando para a administración, ten que ver dunha vez por todas consolidado o seu posto de traballo. No STEG seguiremos loitando pola estabilidade do colectivo.

O fin é a reducción do profesorado interino e substituto ao 8%, e os medios parece que serven calquera, anque iso supoña a perda de traballo. Aspecto este que no STEG non admitiremos. Por iso levaremos ás Xuntas de Persoal este tema, para que se lle atope solución.