Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino

O MEC comunica modificacións ao RD de ingreso

O Subdirector Xeral de Persoal Docente e Investigador comunícanos que, unha vez xa informado polo Consello Escolar do Estado e aprobado polo MAP, e acollidas no texto as súas observacións, o proxecto de Real Decreto sobre ingreso, acceso e adquisición de especialidades para os corpos docentes da LOE foi xa remitido ao Consello de Estado cunhas pequenas modificacións das que vos comunicamos, para o voso coñecemento, as tres máis relevantes:

Art. 36. 4. A ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será dun 55% para a fase de oposición e un 45% para a fase de concurso.

(Comentario aclaratorio: redúcese a proposta de ponderación para o acceso, seguindo as indicacións do MAP)

Art. 61.2, último parágrafo relativo á parte B) 2 da proba queda redactado da seguinte maneira:
As Administracións educativas, no caso do profesorado interino que estivese en activo á entrada en vigor da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación e, conforme determínese nas súas respectivas convocatorias, poderán substituír este exercicio por un informe, que a tal efecto e a instancias do aspirante elaboren ditas Administracións, no que se valore a competencia profesional daquel no ámbito docente público do mesmo nivel ou etapa educativa aos que se opta. En dito informe que, de conformidade coas funcións atribuídas aos órganos de selección no artigo 6 deste Regulamento, será xulgado, valorado e cualificado polo Tribunal correspondente, deberá acreditarse, polo menos, a concreción dos obxectivos de aprendizaxe que se perseguiron nas unidades didácticas, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se formulan na aula e os seus procedementos de avaliación.

Disposición transitoria segunda. Temarios

  1. Nos procedementos selectivos de ingreso e accesos aos corpos de funcionarios docentes a que se refire o Regulamento que se aproba por este Real Decreto, convocados ao amparo das Ofertas de Emprego Público relativas ao ano 2007 serán de aplicación os temarios vixentes que correspondan a cada corpo e especialidade.
  2. A estes temarios engadirase, co mesmo carácter transitorio, e previa consulta ás Comunidades Autónomas, un dedicado á especialidade de Primaria do Corpo de Mestres, especialidade que se engade, en tanto non se regulen todas elas de maneira definitiva, ás vixentes especialidades deste Corpo.
  3. A dito temario, que deberá comprender os aspectos didácticos e de contido educativo xeral, poderánselle incorporar, nas convocatorias que realicen as Administracións educativas con lingua cooficial, outros contidos relativos á propia lingua cooficial e literatura, por ampliación parcial dos temas do temario a que se refire o apartado anterior, e/ou por adición de novos temas nun número, en todo caso, non superior a seis.

(Comentario aclaratorio: co que queda suprimida a Disposición Adicional do proxecto pola que se creaba a especialidade de Primaria; creación que non era necesaria para que se poidan convocar Oposicións por Primaria)

O STEG, como membro da Confederación de STEs-intersindical, personouse ante o Consello de Estado para levar ao máximo órgano consultivo as reivindicacións do profesorado interino, as nosas propostas sobre este proxecto e a nosa valoración de que debe ser unha única proba -sen partes que coincidan co procedemento anterior- non eliminatoria, de tal forma que o procedemento transitorio sirva realmente para consolidar no emprego ao profesorado interino.

Secratariado Nacional do STEG
febreiro 2007