Xuntanza cos grupos
parlamentares do BNG e do PSOE
O STEG, xunto coa CIG e a Asociación
de PNNs de Galicia, o día 31 de maio mantivemos reunións
co grupo parlamentar do BNG e do PSOE con fin de plantexarlles
ás revindicacións da plataforma en canto á
estabilidade e a mellora das condicións de traballo do
profesorado interino e substituto.
Pola mañá, tivo lugar a xuntanza
co portavoz no Parlamento do BNG Carlos Aymerich e co responsable
de educación Manuel Parga co fin de pedir amparo ante
a proposta que a Consellería fixo a este colectivo.
Aymerich e Parga anunciaron a presentación dunha iniciativa
parlamentar nesta liña e amosaron todo o apoio e a disposición
a traballar do BNG para rematar coa precariedade laboral en
xeral, e en particular neste colectivo que, ademais, depende
da Administración galega.
Xa pola tarde reunímonos co portavoz
parlamentario PSOE Ismael Rego e o responsable de educación
Guillermo Meijón. O STEG platexou que o PSOE tiña
a responsabilidade directa sobre a Consellería de Educación,
polo tanto esixímoslles o cumprimento do seu programa
electoral no que a estabilidade se refire. O portavoz no Parlamento
compremeteuse a cumprir o prometido do programa, estabilidade
a partir dos dez anos, durante esta lexislatura.