Xoves, 9 de xuño
A Consellaría retira a
proposta de estabilidade
Na Mesa celebrada o xoves 8 de xuño,
a consellaría retirou a súa proposta (lembremos:
estabilidade para o profesorado con 50 anos e 15 de servizo)
e deu por rematadas as negociacións sobre estabilidade.
Previamente a celebración da Mesa, tivo
lugar unha xuntanza entre os membros da plataforma -STEG, CIG
e a Asociación de PNNs- con UGT e ANPE, con fin de levar
a Mesa unha proposta avaliada por unha ampla maioría
sindical. Nesta xuntanza acordouse que calquera acordo de estabilidade
tiña que estar baseado nos anos de servizo (a negociar)
e que tiña que ser aberto (o profesorado que fora cumprindo
ese requisito, iríase incorporado ao mesmo).
Desde o STEG, parécenos incomprensible
a falta total de talante, do que tanto presume esta Consellería
e este goberno, retirarse sen máis dunha negociación
que buscaba acabar co traballo en precario de máis de
4000 profesores. Esta incomprensión resulta máis
doente se temos en conta o prometido, en favor da estabilidade
do colectivo, nas xuntanzas mantidas este curso coa Consellería
e cos responsables dos grupos parlamentarios do goberno.
O venres 9 de xuño terá
lugar unha Asemblea ás 18h. no IES Rosalía de
Castro, no que segue a manterse o peche indefinido,
e na que se debaterán as medidas a tomar a partir de
agora.